Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers

John Roettiers (tamén coas variantes Roettier e Rotier), nado o 4 de xullo de 1631, probablemente en Anveres, e finado en Londres en 1703, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas inglés, que ocupou o cargo de gravador xefe da Real Casa da Moeda de Londres de 1670 a 1689.

Traxectoria John Roettiers naceu o 4 de xullo de 1631, o máis vello dos fillos de Elizabeth Thermés e do tamén recoñecido medallista e ourive flamengo Philippe Roettiers.Forrer, L. (1912). Páxina 161. Aínda que os seus tres irmáns máis novos, Joseph (1635-1703) e Philip (nado en 1640), naceron en Anveres, non se sabe con certeza se este foi tamén o seu lugar de nacemento.Wroth, W. W. (1897). Páxina 98.

Desde moi novo, John Roettiers comezou a dedicarse á medallística e ao gravado en pedra nos Países Baixos,Wroth, W. W. (1897). Páxinas 98-99. oficio que aprendeu do seu pai, e a primeira medalla marcada coas súas iniciais —dedicada a Leopoldo Guillerme, gobernador dos Países Baixos— data de 1656.

Antes dos seus trinta anos ingresou como axudante na Casa da Moeda de Anveres. En 1661 el e o seu irmán Joseph foron invitados a Inglaterra por Carlos II (1660-1685) para traballar como gravadores na Real Casa da Moeda de Londres, e uns anos despois uníuselles tamén Philip."The Roettiers Family in England". En American Journal of Numismatics. Vol. 33. Nº 3. 1899. Páxinas 75-79. O seu pai prestáralle axuda económica ao monarca inglés durante o seu exilio, e a cambio prometera darlles emprego aos seus fillos."Roettiers". The Coins & History Foundation (Coinsandhistoryfoundation.org).Forrer, L. (1912). Páxina 162.Wroth, W. W. (1897). Páxina 99.

A partir de 1662, os irmáns John e Thomas foron recibindo encargas para o deseño e o gravado de novas moedas de ouro e de prata, o que deu lugar a diversas disputas entre eles, que dificultaron o seu labor como gravadores. Ese mesmo ano encomendóuselle a John a creación dun dos seus traballos máis sobranceiros, a moeda dunha coroa co primeiro busto de Carlos II, coa que se conmemoraba a restauración da monarquía inglesa,"1 Crown - Charles II 1st bust". Numista.com dado que o seu deseño foi preferido ao presentado polo antigo gravador xefe Thomas Simon."1 Crown - Charles II Pattern 'Petition' Crown". Numista.com De igual xeito, a John Roettiers débenselle tamén numerosas medallas conmemorativas da Restauración, e outras emitidas ao longo do reinado de Carlos II.

En febreiro de 1666 encargóuselle tamén a creación dun nuevo gran selo do Reino de Gran Bretaña."Petition of the Roettiers, with their account for making the great seal of england, Temp. Charles II". En The Numismatic Chronicle. Vol. 2. 1840. Páxinas 198-199.

En 1670, John Roettiers foi nomeado por Carlos II gravador xefe da Real Casa da Moeda de Londres, un posto que exerceu ata 1689, nalgúns períodos en solitario e noutros conxuntamente cos seus irmáns.Challis, C. E. (1989). Páxinas 72-73. No relativo a estes, Joseph, que era tamén o seu principal axudante na casa da moeda, abandonou Inglaterra cara a 1680, para pasar en 1682 a ocupar o cargo de gravador xeral da Real Casa da Moeda Francesa, comezando así unha nova estirpe de gravadores naquel país,"Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). L'Hôtel des monnaies: les batiments, le musée, les ateliers. Renouard, París. Páxinas 173-174. en tanto que Philip mantivo a súa vinculación coa ceca londiniense como gravador ata 1684, e logo foi nomeado gravador xeral de moeda da Real Casa da Moeda do rei de España nos Países Baixos.

Logo do pasamento de Carlos II, John Roettiers mantivo o seu posto como gravador xefe e produciu as medallas oficiais da coroación e as emisións monetarias regulares a nome de Xacobe II (1685-1688), que foron as súas derradeiras creacións. Nesa época descubriuse a subtracción por parte de traballadores da ceca dos cuños das moedas de Carlos II e de Xacobe II, que llos entregaran a falsificadores para a cuñaxe clandestina de moedas de ouro. Unha comisión da Cámara dos Comúns determinou o 2 de febreiro de 1696 que John Roettiers era o responsable último da custodia cos cuños e acusouno tamén de non recoñecer o novo rei Guillerme III (1689-1702), polo que foi destituído do seu cargo e desaloxado da súa residencia nas dependencias da ceca na Torre de Londres.Forrer, L. (1912). Páxina 163.

As moedas creadas por John Roettiers na súa traxectoria como gravador da Real Casa da Moeda do Reino Unido foron moi abundantes, a nome de Carlos II, de Xacobe II, de Guillerme e María (1689-1694) e de Guillerme III."John Roettier". Numista.com A el débeselle a reintrodución nos reversos da moeda británica de bronce da figura da Britannia sedente, tomada por Roettiers dun antigo medallón romano de Cómodo e dalgunhas moedas imperiais romanas de bronce anteriores de Adriano e de Antonino Pío,Forrer, L. (1907). Le Type de 'Britannia' sur les Monnaies de la Grand Bretagne. Mâcon.Forrer, L. (1912). Páxinas 169-171. que se mantivo na moeda británica ata 1775.

A marca de gravador máis habitual de John Roettiers nas medallas da súa produción era o monograma formado coas súas iniciais, J. R., aínda que en ocasións tamén utilizou as formas ROTI.; ROETTI; IAN. R.; JOAN. ROTI,Forrer, L. (1912). Páxina 165. R.; I. R. F e l. ROTI. F.Forrer, L. (1912). Páxinas 167-168.

Roettiers foi amplamente recoñecido como un dos mellores gravadores da historia da casa da moeda inglesa. O diarista John Evelyn describiuno en xullo 1678 como «ese excelente gravador ... que emula mesmo os antigos en pedra e metal»Evelyn, J. (1857). Diary and Correspondence of John Evelyn, R.R.S. Vol II. Colburn & Co., Londres. Páxina 119. (Diario, 20 de xullo de 1678), e Samuel Pepys declarou en marzo de 1666 que as súas medallas eran «algunhas das mellores obras de arte, en relevo, que vin na miña vida».Pepys, S. (1897). The Diary of Samuel Pepys M.A. F.R.S. Vol IV. Bell & Sons, Londres. Páxina 255. miniatura|335x335px|Medalla da Paz de Breda (1667)."Vrede van Breda, ter ere van Karel II, koning van Engeland. Jean Roëttiers, 1667". Rijksmuseum (Rijksmuseum.nl). Ademais do seu labor como gravador de medallas e moedas británicas, sábese que tamén creou diversas obras como tallador de xemas, aínda que non se coñece moito sobre esta súa dedicación.Wroth, W. W. (1897). Páxina 100.

Unha boa cantidade de punzóns e cuños realizados por John Roettiers e os seus familiares foron adquiridos á súa familia por un coleccionista chamado Cox, quen llos vendeu en 1828 ao comerciante numismático Matthew Young. Este, logo de realizar cos cuños algunhas impresións para a súa comercialización, dooullos en 1829 ao Museo Británico."John Roettier" e "John Roettiers". The British Musem (Britishmuseum.org).

Vida persoal John Roettiers casou en 1658 con Catherine Prost, con quen tivo cinco fillas e tres fillos. Os seus fillos James Roettiers (1663-1698) e Norbert Roettiers (1665-1727) tamén colaboraron con el na ceca londiniense, e foron gravadores e medallistas de sona, tanto en Inglaterra como en Francia.Forrer, L. (1912). Páxina 173.Burn, J. H. (1841). Páxina 189.

Nos seus derradeiros anos, logo do seu desaloxo da súa residencia na Casa da Moeda de Londres, fixou o seu domicilio en Red Lion Square, Londres. Sufriu episodios frecuentes de cálculos renais e tamén unha parálise na man dereita. Roettiers Finou en 1703 e concedeuse o permiso para ser soterrado na Torre de Londres, o lugar onde estaba a ceca londiniense e onde Roettiers residira durante 35 anos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Royal Mint

Bibliografía

Binbgen, J. (1952). Les Rottiers, graveurs en médaille des Pays-Bas Méridionaux. Palais des Académies, Bruxelas. Burn, J. H. (1841). "Memoir on the Roettiers". En The Numismatic Chronicle. Vol. 3. Royal Numismatic Society. Páxinas 158-189. Challis, C. E. (1989). "Mints Officials and Moneyers of the Stuart Period". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Páxinas 157-197. Forrer, L. (1912). "Roettiers (Roettier, or Rotier), John (or Jan)". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxinas 161-173. Wroth, W. W. (1897). "Roettiers, Roettier, or Rotier, John (1631-1703)". En Lee, S. (ed.) Dictionary of National Biography. Volume 49. Smith, Elder, & Co., Londres. Páxinas 98-100.

Categoría:Nados en 1631 Categoría:Finados en 1703 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes