O maratino ou tamaulipeco é unha lingua morta pobremente documentada que se falou outrora no nordeste de México, preto de Martín, Tamaulipas. O seu uso documéntase historicamente arredor da serra de Tamaulipas, onde diversos pobos orixinarios a empregaban como medio de comunicación principal.
Entre os pobos que a falaban salientan os maratines, a quen debe o seu nome a lingua, así como os mariguanes, con quen mantiñan estreitos vínculos culturais. Ambas nacións, de filiación tamaholipa, pola súa proximidade territorial e política, compartían moitos trazoss que facilitaban a intercomprensión, o que suxire a existencia de variantes lingüísticas dentro do mesmo continuo dialectal.
Malia a súa importancia histórica na rexión, o maratino considérase unha lingua non clasificada. Os rexistros existentes son escasos, limitados principalmente a testemuños de finais do século XVIII. Esta limitada documentación dificultou a súa filiación xenética dentro das familias lingüísticas mesoamericanas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Swanton, John. 1940. Linguistic material from the tribes of southern Texas and northern Mexico. (122–124)
Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas de México