Banxing (en ), tamén coñecido como BX-1, foi un satélite artificial chinés soltado a man desde unha cápsula tripulada Shenzou durante a misión Shenzou 7 o 25 de setembro de 2008.

Características Banxing foi soltado durante a misión orbital Shenzou 7 por un dos astronautas da cápsula. O satélite foi usado para tomar imaxes da misión tripulada. Unha vez terminada a misión e regresados os astronautas a terra, Benxing foi usado para probar o voo en formación co módulo orbital da cápsula Shenzou deixado atrás como parte da misión.

Poucas horas despois do seu lanzamento, Banxing pasou infrecuentemente preto da Estación Espacial Internacional, levantando especulacións sobre unha posible finalidade como experimento militar.

Notas

Categoría:Satélites artificiais Categoría:China