miniatura|O Rei David na Catedral de Santiago.
Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.
O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.
Relación dos libros Os libros que conforman este grupo son: Libro de Xosué, Libro dos Xuíces, I Samuel e II Samuel, I Reis e II Reis, Crónicas 1-2, Libro de Esdras, Libro de Nehemías, 1 Macabeos, 2 Macabeos.
Ademais hai que sumarlle os libros episódicos: Rut, Ester, Tobías, Xudit.
Os libros históricos e a historia de Israel
Todos os libros fan referencia a unha etapa concreta da historia de Israel, segundo o cadro seguinte. A única excepción a constitúen os dous Libros de Crónicas, que son un intento de historia universal, dende a creación ata o momento presente.
Século Historia de Israel Libros históricos - XIII Asestamento na rexión de Canaán das tribos semíticas que formarán Israel Libro de Xosué - XII As tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de Israel Libro dos Xuíces I Libro de Samuel Libro de Rut (episódico) - XI (-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel (-1010 a 970) David, rei de Israel II Libro de Samuel - X a - VII (-970 a -931) Salomón, rei de Israel División de Israel entre Reino do Norte e do Sur I e II Libro dos Reis Libro de Xudit - VI (-587 a -539) Desterro de Babilonia Libro de Tobías Libro de Ester - V Volta do desterro e reconstrución do Templo Libro de Esdras Libro de Nehemías - IV División do Imperio Macedonio, dominio da dinastía dos Tolomeos 1 e 2 Libro dos Macabeos
Véxase tamén
Outros artigos Libros episódicos
Ligazóns externas Biblia Católica «On Line» Biblia en varias linguas, incluíndo portugués, grego e latín.
Categoría:Biblia