Dinosaur é un filme de animación estadounidense de Disney, dirixido por Ralph Zondag e Eric Leighton, e estreado no 2000.

Sinopse Un iguanodonte de tres toneladas chamado Aladar críase separado dos da súa especie e medra nunha illa ó coidado dun clan de lémures. Cando unha devastadora chuvia de meteoros provoca o caos no seu pacífico mundo, Aladar pon rumbo a terra firme e únese a un grupo de dinosauros que buscan desesperadamente un lugar onde aniñar en paz. Pero a auga e a comida comezan a escasear, e os carnotauros, sedentos de sangue fresco, representan un perigo constante. É entón cando Aladar se ve obrigado a desafiar a "orde establecida" e demostra que saber adaptarse a calquera situación é o mellor xeito de sobrevivir.

Personaxes D. B. Sweeney como Aladar, un Iguanodonte Ossie Davis como Yar, o lémure xefe Alfre Woodard como Plio, o lémure matriarca Max Casella como Zini, o lémure mellor amigo de Aladar Hayden Panettiere como Suri, lémure filla de Plio Samuel E. Wright como Kron, o Iguanodonte líder da manda de dinosauros Peter Siragusa como Bruton, segundo ó mando da manda Julianna Margulies como Neera, irmá de Kron Joan Plowright como Baylene, unha vella Brachiosaurus Della Reese como Eema, unha vella e lenta Styracosaurus, que ten como mascota un Ankylosaurus chamado Url.

Notas

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes rodados en Australia Categoría:Filmes rodados en Venezuela Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre dinosauros