Alexandrea Kawisenhawe Rice, nada en 1972 en Kahnawake, Quebec, é unha actriz mohawk. Rice é coñecida polos seus papeis nos filmes Skinwalkers (2002), Dreamkeeper (2003), Coyote Waits (2003), e A Thief of Time (2004). Tamén aparece noutros coma Lewis and Clark: Great Journey West, On The Corner, A Thousand Roads, Sacagawea, Johnny Tootall e The New World. Tamén ten colaborado en series de televisión como Spin City, CSI, Strong Medicine e The Sopranos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Kahnawake Categoría:Actores do Canadá