TERRIERS (acrónimo de Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources), tamén coñecido como Explorer 76, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 18 de maio de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de TERRIERS era facer medicións en dúas e tres dimensións da densidade de electróns na ionosfera e obter perfiles da fotoemisión da termosfera no ultravioleta mediante técnicas de tomografía.

Trala engalaxe e posta en órbita produciuse un problema no control de actitude que impedía ós paneis solares apuntar correctamente ó Sol. Pouco despois as baterías esgotáronse e foi imposible retomar o contacto co satélite

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de TERRIERS

Categoría:Programa Explorer