miniatura|dereita|Subunidade alfa da hCG ou CGA. miniatura|dereita|Modelo da cadea alfa da hCG modelada sen residuos de carbohidratos. A cadea alfa das hormonas glicoproteicas ou subunidade alfa das hormonas glicoproteicas é unha proteína que nos seres humanos está codificada polo xene CGA situado no cromosoma 6, a cal está presente en catro hormonas humanas.
As catro hormonas glicoproteicas humanas: gonadotropina coriónica humana (hCG), hormona luteinizante (LH), hormona estimulante dos folículos (FSH), e hormona estimulante da tiroide (TSH) son dímeros que constan dunha subunidade alfa común practicamente idéntica en todas elas UniProt Subunidade alfa das hormonas glicoproteicas, e unha subunidade beta diferente, que lles confire a súa especificidade biolóxica. As dúas cadeas están unidas non covalentemente. A proteína alfa codificada por este xene pertence á familia da cadea alfa das hormonas glicoproteicas.
A cadea alfa ten a seguinte secuencia de aminoácidos:
NH2 - Ala - Pro - Asp - Val - Gln - Asp - Cys - Pro - Glu - Cys - Thr - Leu - Gln - Glu - Asn - Pro - Phe - Phe - Ser - Gln - Pro - Gly - Ala - Pro - Ile - Leu - Gln - Cys - Met - Gly - Cys - Cys - Phe - Ser - Arg - Ala - Tyr - Pro - Thr - Pro - Leu - Arg - Ser - Lys - Lys - Thr - Met - Leu - Val - Gln - Lys - Asn - Val - Thr - Ser - Glu - Ser - Thr - Cys - Cys - Val - Ala - Lys - Ser - Tyr - Asn - Arg - Val - Thr - Val - Met - Gly - Gly - Phe - Lys - Val - Glu - Asn - His - Thr - Ala - Cys - His - Cys - Ser - Thr - Cys - Tyr - Tyr - His - Lys - Ser - COOH
As cadeas alfa das catro hormonas denomínanse FSHA, LHA, TSHA e CGA.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gonadotropina
Bibliografía
Categoría:Hormonas Categoría:Proteínas