Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).
Historia Idade antiga Na localidade atopáronse restos de épocas romana e visigoda.
Fundación A fundación da propia localidade situaríase nos mediados do século IX ou os comezos do seguinte, xa que foi nese tempo cando se repobou a zona das ribeiras do río Carrión.
Toponimia No Becerro de las Presentaciones de León, que data dos séculos XIII-XVI, aparece Pinno (do latín pinnus), que designaría aos piñeiros, que noutrora puideron abundar na zona. A segunda parte do topónimo ven claramente do río Carrión.
Xeografía O concello sitúase na comarca de Vega-Valdavia, sita ao oeste da provincia de Palencia. Está atravesado de norte a sur polo río Carrión. A capital do concello está a 990 msnm. A principal estrada é a CL-615, que a comunica as localidades de Palencia e Riaño.
Distancias ás principais localidades: Localidade Distancia (km) Saldaña (PA) 18 Guardo (PA) 19 Riaño (LE) 55 Palencia (PA) 81 Valladolid (VA) 145
Demografía Hoxe no municipio viven 211 persoas (INE 2011) pero en 1950 eran 669 e en 1900 eran 592; polo que a poboación descendeu moito.
Goberno O alcalde de Pino del Río é José Miguel Martín Novoa, do PP. Nas eleccións municipais de 2011, o resultado foi o seguinte: Partido Votos Porcentaxe de voto Escanos PP 88 54,66% 4 AIR 39 24,22% 1 PSOE 18 11,18% 0
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello
Categoría:Concellos da provincia de Palencia Categoría:Topónimos con etimoloxía