Paul Eugen Bleuler, nado en Zollikon o 30 de abril de 1857 e finado no mesmo lugar o 9 de febreiro de 1940, foi un psiquiatra suízo, coñecido por ter acuñado o termo esquizofrenia, así como polas súas contribucións no eido das enfermidades mentais.

Bleuler naceu en Zollikon, unha pequena poboación próxima a Zürich. Seus pais foron Johann Rudolf Bleuler e Pauline Bleuler-Bleuler.

Estudou medicina en Zürich, e máis tarde estudou en París, Londres e Múnic, regresando logo a Zürich para tomar un posto como interno do Burghölzli, un hospital universitario.

En 1886, Bleuler foi nomeado director dunha clínica de psiquiatría en Rheinau, hospital localizado nun antigo mosteiro sobre unha illa do río Rin. Rheinau estaba desfasado naquel tempo, e Bleuler mellorou as condicións dos pacientes residentes alí.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Eugen Bleuler - Encyclopædia Britannica Response to fellowship lecture on Eugen Bleuler - Comentarios por E.E. Krapf en American Journal of Psychiatry (PMID 13458491) Eugen Bleuler: Dementia praecox oder Gruppe der Schizophrenien (1911)

Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Psiquiatras de Suíza Categoría:Autismo Categoría:Esquizofrenia