miniatura|dereita|300 px|Estrutura cristalina do HPL. O lactóxeno placentario humano (HPL) ou somatomamotropina coriónica humana, é unha hormona polipeptídica producida pola placenta. A súa estrutura é similar á hormona do crecemento humana. A súa función consiste en modificar o metabolismo das mulleres durante o embarazo para facilitar a subministración de enerxía ao feto. O HPL ten propiedades anti-insulina. Catro horas despois do parto e expulsión da placenta, o HPL no plasma sanguíneo volve a valores indetectables.
Estrutura O lactóxeno placentario humano está formado por 190 aminoácidos que establecen entre eles dúas pontes disulfuro e contén 8 hélices. O seu peso molecular é de 22.125 Da. Como a hormona do crecemento, o HPL é codificado por xenes situados no cromosoma 17 (locus 17q22-24). A súa vida media é de 15 minutos. A hormona describiuse por primeira vez en 1963. A estrutura cristalina do HPL foi determinada por difracción de raios X a unha resolución de 2,0 Å.PDB 1Z7C; Walsh ST, Kossiakoff AA (May 2006). "Crystal structure and site 1 binding energetics of human placental lactogen". J. Mol. Biol. 358 (3): 773–84. doi:10.1016/j.jmb.2006.02.038. PMID 16546209
Niveis É segregado polo sincitiotrofoblasto e placenta. O lactóxeno placentario humano só está presente durante o embarazo e os niveis sanguíneos son proporcionais ao crecemento do feto e a placenta. Os niveis máximos acádanse cara ao final da xestación, usualmente con valores de 5–7 mg/L. En embarazos múltiples os niveis desta hormona son máis elevados. Pequenas cantidades penetran na circulación fetal.
Funcións En ensaios biolóxicos o HPL imita a acción da prolactina, pero aínda non está claro se posúe un papel na lactación.
O HPL afecta o metabolismo da xestante; produce un aumento da resistencia ao efecto da insulina, aumentado os niveis sanguíneos de glicosa, con diminución da captación desta polo organismo da nai, o que produce unha maior dispoñibilidade de glicosa para a nutrición fetal. O HPL induce a lipólise coa liberación de ácidos graxos. Por medio deste mecanismo a nai utiliza como combustible, en parte, os ácidos graxos en lugar de glicosa, entanto que o feto ten á súa disposición unha maior proporción relativa de glicosa. Os corpos cetónicos produto do metabolismo dos ácidos graxos poden pasar a barreira placentaria e poden ser usados polo feto. Estes axustes permiten garantir a nutrición fetal aínda en casos de malnutrición materna.
Esta hormona ten unha acción semellante á da hormona do crecemento na formación de proteínas, aínda que a acción é feble, requiríndose 100 veces máis cantidade de HPL para igualar o efecto da hormona do crecemento.
Uso clínico Os niveis de HPL utilizáronse como indicador dun crecemento correcto e benestar fetal; porén, outros métodos de avaliación máis modernos demostraron ser máis fiables. Hai informes de embarazos normais con niveis maternos indetectables de HPL.
Demostrouse que o lactóxeno placentario humano pode servir como marcador tumoral debido a que as células se tinguen ben para o HPL.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Speroff L, Glass RH, Kase NG. Clinical Gynecologic Endocrinology and Infertility. Sixth edition. Lippincott Williams & Wilkins, Baltimore, MD 1999. ISBN 0-683-30379-1.
Ligazóns externas MeshName - Human+Placental+Lactogen
Categoría:Hormonas