O distrito de Sironko é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Sironko. Foi creado como tal no ano 2000 e anteriormente formaba parte do distrito de Mbale.

Limita co distrito de Bulambuli polo norte, co distrito de Kapchorwa e co distrito de Kween polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co distrito de Bududa polo sueste, co distrito de Mbale polo suroeste e co distrito de Bukedea polo oeste.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 291.900 habitantes. A maioría da xente do distrito pertence ao grupo étnico bagisu e o lugisu é a lingua máis empregada.

Ten unha área total de 1.091 km2Uganda Districts Information Handbook: Expanded Edition 2005-2006, Fountain Publishers, 2005, p. 76. ISBN 9970-02-429-9. e ten unha altitude sobre o nivel do mar que vai desde os 1.299 m até os 1.524 m. Sironko é a maior poboación do distrito. Outros centros importantes son Mafuni, Nakaloke, Mutufu e Budadiri.

A principal actividade económica do distrito é a agricultura.

Parte do Parque Nacional do monte Elgon atópase dentro do distrito.

Condados O distrito divídese en dous condados: Budadiri e Bulambuli, así como en dúas municipalidades: Sironko e Budadiri. Ambos condados pódense debullar logo en 18 subcondados:

Condado de BudadiriCondado de Bulambuli Buhugu Buteza Buyobo Bukhulo Bumasifwa Busulani Butandiga Buwalasi Zesui Bulago Bunambutye Masira Muyembe Bukhalu Bulegeni Bulugunya Sisiyi Buginyanya

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Distrito de Uganda

Sironko