Elías Valiña Sampedro, coñecido como O cura do Cebreiro, nado en Lier (Sarria) o 2 de febreiro de 1929 e finado o 11 de decembro de 1989, foi un sacerdote e escritor galegoElias Valiña Sampedro en Jacobeoenpie.com ..
Traxectoria Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas en 1959 e doutorado na Universidade Pontificia de Salamanca en 1965. Foi párroco do Cebreiro dende 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, rematada en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Foi un estudoso do Camiño de Santiago que sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, en Galicia recuperou tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago.
Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983).
Obras El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico, 1971 (Premio Antonio de Nebrija 1967). Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC). El Camino de Santiago. Guía del peregrino, 1985.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Documentais
Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas (2022). Documental de Aser Álvarez. 34 min. A historia vital de Elías Valiña Sampedro, o cura do Cebreiro, principal responsable do rexurdimento dos Camiños de Santiago no Século XX e inventor das características frechas amarelas que o sinalizan.
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca