Orixe do CLIP Proopiomelanocortina
γ-MSH ACTH β-lipotropina
α-MSH CLIP
O péptido intermedio similar á corticotropina (CLIP) ou péptido do lóbulo intermedio similar á corticotropina PubChem Compound, tamén chamado fragmento 18-39 da hormona adrenocorticotropa (ou ACTH(18-39)), é un neuropéptido natural endóxeno orixinado no metabolismo da hormona adrenocorticotropa. Encóntrase principalmente no lóbulo intermedio da hipófise e no núcleo arqueado do hipotálamo basal.
Consta de 22 aminoácidos (coincidentes co fragmento N-terminal da ACTH) e a súa secuencia é:
Arg-Pro-Val-Lys-Val-Tyr-Pro-Asn-Gly-Ala-Glu-Asp-Glu-Ser-Ala-Glu-Ala-Phe-Pro-Leu-Glu-Phe ChemSpider.
O CLIP xérase como un produto resultante da rotura proteolítica da hormona adrenocorticotropa (ACTH), a cal, á súa vez, é o produto da rotura da proopiomelanocortina (POMC). Aínda que o CLIP non parece exercer ningunha función importante no corpo, presenta algunhas actividades biolóxicas, especialmente de tipo neurolóxico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Hormona adrenocorticotropa (ACTH) Proopiomelanocortina (POMC)
Ligazóns externas MeshName - Corticotropin-Like+Intermediate+Lobe+Peptide
Categoría:Neuropéptidos Categoría:Hormonas