O Ateneo Eumés Fernán Martís é unha asociación cultural de Pontedeume, creada o 13 de xaneiro de 2002. Optouse polo nome de Ateneo pola tradición deste tipo de asociacións en apoio das artes e das ciencias, así como pola súa tradición laica, republicana e defensora dos sistemas democráticos. O nome de Fernán Martís é na honra do capelán de Fernán Pérez de Andrade, O Boo, que traduciu ao galego a Crónica Troiana.
Ten unha estrutura asemblearia que elixe á xunta directiva cada dous anos. As decisións tómanse de común acordo ou por maioría absoluta dos seus membros.
Os principais obxectivos da asociación son a promoción do debate sobre os grandes temas da sociedade, dar a coñecer as novidades culturais e científicas, principalmente as referidas a Galicia, fomentar o uso da lingua galega e o aprecio pola cultura galega e difundir o coñecemento do pasado histórico e cultural da comarca eumesa. Edita unha revista de periodicidade anual, Cadernos do Ateneo Eumés, cuxo primeiro número saíu en outubro de 2003.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Ateneo Eumés
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Pontedeume