Canuto o Grande (en ,Bolton, The Empire of Cnut the Great: Conquest and the Consolidation of Power in Northern Europe in the Early Eleventh Century (Leiden, 2009) en nórdico antigo: Knútr inn ríki), nado no ano 995 e finado en Shaftesbury no 1035 foi o rei viquingo dos reinos de Dinamarca (como a Canuto II, 1018-1035), Inglaterra (Canuto I, 1017-1035) e Noruega (1029-1035).Enciclopèdia Catalana: Canut II de Dinamarca (I d'Anglaterra) (acceso o 6-3-09). Os seus éxitos como estadista e militar convertérono nunha das figuras máis destacadas do seu tempo até o punto que algúns historiadores chamárono o Emperador do Norte.Trow, Cnut, páx. 0-260

Traxectoria Foi proclamado rei en Londres, facéndose soberano de Inglaterra, contra a que seu pai Sven dirixira unha expedición nas súas guerras contra os anglosaxóns. Casado con Enma, a viúva do monarca anglosaxón Etelredo II, por influencia desta convértese ao cristianismo e reedifica igrexas e mosteiros destruídos polos viquingos. Eríxese tamén en defensor dos desvalidos. Repartiu terras entre o seu séquito e establece novos ducados.

Trala morte do seu irmán Harold, foi proclamado rei de Dinamarca. No ano 1027 viaxou a Roma para asistir á coroación do Emperador Conrado II. Alí chegou a un acordo co Papa Bieito VIII, quen lle garantiu a seguridade dos peregrinos e lle concedeu unha diminución dos gravames sobre a xerarquía eclesiástica anglosaxoa.

En 1028 conquistou Noruega e dominou boa parte de Suecia, sendo coñecido como defensor de Irlanda.

Notas

Categoría:Reis de Inglaterra Categoría:Reis de Dinamarca Categoría:Reis de Noruega Categoría:Nados en Dinamarca Categoría:Nados en 995 Categoría:Finados en 1035