Alfredo o Grande (Aelfred), nado en Wantage no 849 e finado en Winchester o 26 de outubro do 899 foi un rei de Wessex que loitou contra os viquingos.

Traxectoria Foi o quinto fillo de Aethelwulf, rei de Wessex. Sucedeu no trono ao seu irmán Aethelred I. Deu pulo á edificación de numerosos castelos e a construción dunha frota para frear o avance dos normandos. Trala súa vitoria de Elington, conquistou Londres no ano 885.

Realizou un importante labor de compilación de leis e como lexislador. Tendo sona de defensor dos febles, segundo o cronista celta Asser, fundou unha primeira escola pública. Propiciou a tradución de obras históricas e morais como as de Beda o Venerable, Boecio ou Paulo Orosio.

Véxase tamén Ligazóns externas

Biografía, Universidade de Valencia. Historia de Inglaterra «Alfredo O Grande: un Rei Saxao No Esope de Marie de France», revista Brathair, núm. 2 (1), 2002. En portugués e formato PDF.

Categoría:Nados en 849 Categoría:Finados en 899 Categoría:Reis de Wessex