Francisco Rodríguez Rodríguez, nado en Celeiros (Chandrexa de Queixa) o 6 de novembro de 1946, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi funcionario. Fillo do anterior alcalde de Chandrexa de Queixa, nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Chandrexa de Queixa e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. É deputado provincial pola zona de Trives.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Chandrexa de Queixa

Ligazóns externas Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Chandrexa de Queixa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Chandrexa de Queixa Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes