Antonio Carro Martínez, nado en Lugo o 3 de maio de 1923 e finado en Madrid o 10 de abril de 2020, foi un xurista e político galego.

Traxectoria Antonio Carro era doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Foi profesor de Dereito Político na Universidade de Madrid, substituíndo na cátedra a Fraga Iribarne, e letrado do Consello de Estado. Pertenceu ao Corpo Técnico de Administración Civil e ao Corpo de Secretarios de Administración Local de primeira categoría. Foi procurador en Cortes en dúas lexislaturas das Cortes Españolas en representación do Instituto de Estudos Políticos e noutras dúas como representante familiar electo pola provincia de Lugo. Foi secretario xeral técnico do Ministerio da Gobernación e director do Instituto de Estudos de Administración Local.

Publicou tres libros sobre Dereito e Administración Pública, amais de diversos artigos en prensa especializada.

En 1973 foi nomeado director xeral de Administración Local, e foi o derradeiro ministro da Presidencia no 14º goberno do Franquismo (do 3 de xaneiro de 1974 ao 11 de marzo de 1975) e no 15º (do 11 de marzo ao 12 de decembro de 1975), con Arias Navarro como presidente. Nesa etapa xogou un papel importante no desenvolvemento dos Acordos de Madrid, polos que España abandonaba o Sáhara.

Foi deputado na Lexislatura constituínte de España e en catro lexislaturas máis, elixido por Alianza Popular pola provincia de Lugo. En 1982, diriixu a negociación para que 6 deputados da UCD - entre os que estaban Miguel Herrero de Miñón, Ricardo de la Cierva, Francisco Olivencia, Carlos Gila, Francisco Soler Valero, José Manuel Otero e José Luis Meilán - se pasaran ás bancadas de Coalición Democrática.

Foi nomeado Fillo Predilecto da provincia de Lugo e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela, e fóronlles concedidas as grandes cruces do Mérito Civil, Sanidade, Cisneros, do Xugo e as Frechas e de Carlos III.

Obra Derecho Político (1965). Reflexiones sobre aspectos actuales de la Función Pública Española (1974). El Estado y las Fuerzas Armadas (1975).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha en www.galegos.info. "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", ABC, 24 de novembro de 1982 . "Directores generales de España", ABC, 23 de xuño de 1973 .

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Políticos de AP Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes