Milk é un filme estadounidense do 2008, dirixido por Gus Van Sant e baseado na vida do político e activista gai Harvey Milk, que foi o primeiro homosexual declarado en ser escolleito para un cargo público en California, como membro da Cámara de Supervisores de San Francisco.
Sinopse Milk, un gai carismático e alegre, múdase de Nova York a San Francisco en 1972, onde pensara abrir unha tenda de fotografía no Castro, onde os gais non eran de todo ben recibidos. Mais Milk resiste, e en pouco tempo o barrio do Castro tórnase referencia na loita polos dereitos dos homosexuais.
A loita de Milk transformouno en líder político, comandando campañas federais, recibindo incluso apoios conservadores, como o do entón aspirante a presidencia Ronald Reagan.
Elenco Sean Penn como Harvey Milk Emile Hirsch como Cleve Jones James Franco como Scott Smith Josh Brolin como Dan White Victor Garber como Prefecto George Moscone Denis O'Hare como Senador John Briggs Diego Luna como Jack Lira Ashlee Temple como Dianne Feinstein Alison Pill como Anne Kronenberg Eric Stoltz como Tom Ammiano Lucas Grabeel como Danny Nicoletta Stephen Spinella como Rick Stokes Joseph Cross como Dick Pabich
Produción miniatura|180px|dereita|Castro Street, retratada no filme. En 1991, Oliver Stone cavilou producir, mais non dirixir, un filme sobre a vida de Milk; chegou a escribir un guión para a película, que se chamaría The Mayor of Castro Street ("O alcalde da Rúa Castro"), baseado no libro homónimo de Randy Shilts. Porén, en xullo de 1992, o director Gus Van Sant foi quen acabou acertando coa Warner Bros. para dirixir a biografía de Harvey Milk co actor Robin Williams no papel principal. En abril de 1993, Van Sant desfixo o acordo co estudio, alegando diferenzas de creatividade. Outros actores pensados para o papel de Milk na época foron Richard Gere, Daniel Day-Lewis e James Woods. En abril de 2007, Gus foi solicitado para dirixir o filme baseado no guión de Dustin Lance Black, sendo que, ao mesmo tempo, o director Bryan Singer estaba finalmente desenvolvendo The Mayor of Castro Street. En setembro do mesmo ano, Sean Penn foi convocado para o papel de Harvey Milk e Matt Damon para o papel de Dan White. Damon retirouse cedo do proxecto debido a incompatibilidade de axenda. En novembro, a Focus Features deu continuidade coa produción de Van Sant, mentres que o proxecto de Singer enfrontaba conflitos cos guionistas. En decembro, os actores Josh Brolin, Emile Hirsch, Alison Pill e James Franco entraron oficialmente no elenco de Gus e Milk comezou a ser filmado en San Francisco en xaneiro de 2008.
Galardóns O filme foi nomeado ao Óscar de 2009 en 8 categorías: Mellor filme, mellor director, mellor actor (Sean Penn), mellor actor secundario (Josh Brolin), mellor guión orixinal, cinta sonora orixinal, figuración e edicíon de imaxe. Conseguiu a estatuíña de mellor actor e de mellor guión orixinal.
Premios Óscar Ano Categoría Persoa Resultado2008Mellor películaCandidata2008Mellor direcciónGus Van SantCandidato2008Mellor actorSean PennGañador2008Mellor actor secundarioJosh BrolinCandidato2008Mellor guión orixinalDustin Lance BlackGanador2008Mellor banda sonoraDanny ElfmanCandidato2008Mellor deseño de vestiarioDanny GlickerCandidato2008Mellor montaxeElliot GrahamCandidato
Premios BAFTA Ano Categoría Persoa Resultado2009Mellor películaCandidata2009Mellor actorSean PennCandidato2009Mellor guión orixinalDustin Lance BlackGañador
Globos de Ouro Ano Categoría Persoa Resultado2009Mellor actor - DramaSean PennCandidato
Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Persoa Resultado2009Mellor elencoCandidato2009Mellor actor protagonistaSean PennGañador2009Mellor actor secundarioJosh BrolinCandidato
Notas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Gus Van Sant Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre eleccións Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes ambientados en Nova York