Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.
Traxectoria Ignacio Seoane traballou de panadeiro e militou na UXT. Presidiu as Xuventudes Socialistas de Vigo en 1921. En 1929 pasou a militar na Agrupación Socialista de Vigo, da que foi vicepresidente durante a República. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra pola Fronte Popular. Era membro do Comité da Fronte Popular de Vigo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado por sedición militar e reclamado polo Xulgado Militar de Vigo mediante requisitoria o 2 de agosto;El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 2. estaba enfermo e retirado no Concello de Cotobade, onde foi detido,Galicia mártir , de Hernán Quijano. participando na detención a Guardia cívica da que formaba parte Víctor Lis Quibén.
Foi condenado a morte o 20 de agosto nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado unha semana máis tarde no camposanto de Pereiró con outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo, como o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos