O Douglas SBD Dauntless foi un avión estadounidense usado na segunda guerra mundial. Foi o principal bombardeiro embarcado da US Navy na guerra contra o Xapón, e trátase esencialmente dunha mellora do Northrop BT-1 de 1935. O seu prototipo foi o SBT-2 de Northrop, pero entón a compañía foi mercada por Douglas e a súa primeira versión de serie foi denominada SBD-1, da que se entregaron 57 exemplares ao US Marine Corps en 1940. O SBD-2 tiña máis capacidade de combustible e un armamento máis pesado. Desta versión entregáronse 87 unidades á US Navy.

As versión máis producidas foron a SBD-3 (780 exemplares) que tiña un mellor armamento fixo; a SBD-4 (780) cun sistema eléctrico mellorado; a SBD-5 (3.025) con maior potencia; e a SBD-6 (461) tamén repotenciada. Outras variantes serían os A-24 e A-24A que eran versións do SBD-3 e 4 para a USAAF, e o Dauntless MkI, versión do SBD-6 para a Royal Navy británica. Véxase tamén

Categoría:Aeronaves de Douglas Categoría:Aviación militar da segunda guerra mundial Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1940