A Abeleda é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña oito habitantes no ano 2020, dos cales catro eran homes e catro eran mulleres.

Xeografía Este lugar dista da capital do concello 3,9 quilómetros pola estrada OU-0206.

O regato da Cernadela transcorre polo lugar.

Toponimia O topónimo A Abeleda ten posiblemente a súa orixe etimolóxica na abeleira, viría designando unha masa arbórea desta especie. As abelás constituíron historicamente unha importante fonte de alimentos para os habitantes desta zona, tanto para consumo humano como para cebar o gando.

Lugares e parroquias Lugares de Sanguñedo

Parroquias de Verea

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lugares de Verea

Categoría:Lugares de Verea