Tania Castelo Martínez, nada en Mazaricos en 1995, é unha escritora galega.
Traxectoria
Estudou Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo, campus de Pontevedra. Viviu en Noia, na Coruña, en Lugo e en Madrid, onde é funcionaria do Estado.
Foi gañadora de varios certames literarios, de cociña e creatividade publicitaria.
Obras
Nós, os tolos (2026). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-799-0. ePub: ISBN 978-84-1110-866-9.
Premios
2023: Xuventude Crea na especialidade de Cociña. 2025: 1.º Premio Xuventude Crea de Novela Curta.
Notas
Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1995 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega