Télefo é un personaxe mitolóxico, fillo de Heracles e Auxe, unha filla de Áleo, o rei de Texea, e Neera, filla de Pereo.

Foi o fundador de Pérgamo,Elvira Barba, 378. unha das cidades máis importantes de Misia, unha rexión histórica no noroeste de Asia Menor, próxima a Troia. Pausanias conta que en Pérgamo estaba o sepulcro de Auxe, e sobre el a estatua, en bronce, dunha muller núa.Descrición de Grecia, libro VIII, 4, 9. Non obstante, o mesmo Pausanias di máis adiante que en Texea había un templo á deusa Ilitía, cunha estatua á que chamaban Auxe de xeonllos, porque din que representa o momento en que Auxe, cando era levada a Misia, caeu de xeonllos e deu a luz, no mesmo lugar en que se levantou o templo a Ilitía (Pausanias VIII, 48, 7).

Nacemento Como resulta común nas tradicións mitolóxicas, os diferentes autores recollen versións máis ou menos diferentes. Parece ser que Heracles pasou por Texea de regreso dunha campaña contra Esparta, e foi recibido por Áleo. Estando borracho tras un banquete, violou á sacerdotisa (sen saber que era a filla de Áleo), que non gritou nin dixo nada. As fontes discrepan sobre se foi no propio templo ou nunha fonte próxima (que se conservaba en tempos de Pausanias, no século II).

Pero ó pouco houbo unha epidemia de peste e fame no reino e Áleo acabou enterándose de que a filla estaba embarazada. A tradición conta que Áleo, cando o soubo,Dise que lle agoiraran que a filla lle daría un neto pero que mataría ós seus outros fillos, irmáns de Auxe. Para evitalo, obrigouna a profesar como sacerdotisa de Atenea para asegurarse de que se mantería virxe e mesmo a amenazou con matala se perdía a virxindade. mandou que a botaran ó mar dentro dun cofre.Lémbrese o mito de Dánae, fecundada por Zeus en forma de chuvia de ouro e á que o seu pai, Acrisio, mandou botar ó mar tamén dentro dun cofre. Tamén neste caso, nai e fillo sobreviviron. Este foi aboiando no mar, protexido por Atenea, ata chegar a Misia, e o rei adoptouna como filla; algúns autores, como Pseudo-Apolodoro, engaden que casou con ela. Outra versión di que Áleo entregou a filla a Nauplio ((fillo de Clitoneo, ou fillo de Poseidón, segundo Pseudo-Apolodoro) para que a matara, pero este desobedeceu as ordes e vendeuna a uns mercadores, que á súa vez a venderon como escrava en Misia, ó rei Teutrante. Así, Télefo criouse na corte de Teutrante.

Unha terceira tradición conta que Auxe foi entregada a Nauplio estando aínda preñada, producíndose o parto no camiño, no monte Partenio.Segundo Pseudo-Apolodoro (Libro II, 7, 4), o meniño xa nacera e a nai depositouno no templo de Atenea. Foi Áleo quen o expuso no monte Partenio. Auxe abandonou o meniño no monte pero foi aleitado por unha cerva, e terminou sendo recollido por uns pastores e entregado por estes ó seu amo, o rei Córito, rei da Arcadia, que o criou como a un fillo. Foron estes pastores ou o propio Córito quen o nomearon como Télefo (de thèlè, ubre, e elaphòs, cervo). En todo caso, a nai foi vendida ós mercadores e terminou como escrava -ou esposa- de Teutrante.

A casualidade quixo que, simultaneamente, Atalanta tamén tivo un fillo de Meleagro,Lémbrese o mito do xabaril de Calidón no que ambos participan. e tamén o abandonou no mesmo monte. Foi recollido polos mesmos pastores e bautizado como Partenopeo.

Hixino dá unha versión diferente, segundo a cal Auxe fuxiu de casa por medo á reacción do pai, e marchou a Misia buscando a protección do rei Teutrante, que a acolleu como filla.Hixino: Fábulas 99.

Adulto Cando chegou a home e estando aínda en Arcadia cruzouse con dous homes, Hipótoo e Pereo, ós que matou, se saber que eran irmáns da nai e cumprindo así o oráculo;Grimal, s.v. Télefo (px. 497). Porén, Pausanias afirma que Áleo tivo tres fillos: Licurgo, Anfidamante e Cefeo, ademais de Auxe (Xeografía de Grecia, VIII, 4, 8) a consecuencia destas mortes foi expulsado do país.Sófocles escribiu unha traxedia sobre este tema, os Alévadas, hoxe desgrazadamente perdida. Co tempo, foi consultar o oráculo de Delfos para saber da nai, e o oráculo dirixiuno a Misia, onde o rei Teutrante o purificaría. Como fose que debía realizar a viaxe en completo silencio, fíxose acompañar por Partenopeo, que fixo de portavoz.Esta viaxe en silencio deu lugar á expresión proverbial silencio de Télefo. Esquilo escribiu unha traxedia, Os misios, hoxe perdida, na que Télefo perde a voz tralos asasinatos e só a recupera ó chegar a Misia.

Chegado a Misia, o rei Teutrante requiríu a súa axuda contra Idas, un afamado heroe, membro da expedición dos argonautas, que intentaba arrebatarlle o reino, e ofreceulle a man de Auxe -á que trataba como filla- se vencía. Efectivamente, Télefo mata a Idas pero Auxe rexeita unirse a el, pois aínda garda o recordo de Heracles e non quere unirse a ningún mortal, e decide matalo, polo que acode armada cunha espada á habitación onde Télefo espera consumar o matrimonio, ou ben agacha unha espada no dormitorio previamente.

Obviamente, Télefo non coñecía á nai nin esta recoñeceu o fillo, pero os deuses evitaron a unión incestuosa ou o asasinato do fillo a mans da nai. Para conseguilo mandaron unha enorme serpe ou un dragón que se interpuxo entre ámbolos dous. Ela asustouse e confesou a súa intención de matalo, polo que agora é Télefo quen decide matala a ela pero, ela clama o nome de Heracles e el comprende que é a súa nai. A tradición conta que foi nese momento cando soubo que o seu pai era Heracles.Robert Graves engade que isto "non era difícil de crer, pois ningunha muller dera a Heracles un fillo que se lle semellase tanto" (Robert Graves, 597). Deste modo, finalmente, por inspiración divina, os deuses fan que se recoñezan. Tras este reencontro, os dous regresan a Arcadia coa bendición de Teutrante.

Pero tamén se di, pola contra, que nai e fillo quedaron en Misia e que Teutrante o nomeou o seu herdeiro, entregándolle o trono e a man da súa filla Arxíope.

Troia Como xa se dixo, Misia está próxima a Troia. Na primeira expedición do exército grego desembarcaron en Misia, pois descoñecían o camiño a Troia.Diferentes tradicións din que foran guiados polo adiviño Calcante e outras que foi o fillo de Córito, pero a máis estendida confirma que chegaron a Misia por erro. Aínda así, algúns autores sosteñen que foi un ataque deliberado, para evitar que os misios acudiran en defensa de Príamo cando se producise o ataque definitivo a Troia. Ben porque os gregos atacaron o país, ben porque os misios se defenderon da invasión, Télefo capitaneou as tropas misias e provocou numerosas mortes entre os aqueos (entre eles Tersandro, fillo de Polinices)."Entón, Tersandro, que fora o máis valente dos gregos na batalla [de Misia] morreu a mans de Télefo" (Pausanias IX, 5, 14). Pero cando viu chegar a Aquiles colleu medo e fuxiu. Na carreira tropezou cunha vide e caeu, e Aquiles feriuno coa lanza na coxa.A lanza de Aquiles era moi especial: estaba feita de madeira de freixo do monte Pelión e foi un regalo do centauro Quirón ó seu pai Peleo. Era unha lanza enorme, pesada e maciza, e tan só Aquiles podía brandila (Homero: Ilíada, XVI, 141ss). Dise que a caída foi provocada polo propio deus Dioniso, deus do viño e das viñas, que consideraba que Télefo non lle rendía o culto debido, mentres que os gregos si que fixeran sacrificios a Dioniso en Áulide.

Aínda que os gregos regresaron á mar e tardaron oito anos en organizar outra frota, a ferida de Télefo non daba curado. O oráculo de Apolo profetizoulle que "o que o ferira, o curaría", o que Télefo interpretou que só Aquiles podería curarlle.O tema foi desenvolvido por Eurípides nunha traxedia titulada Télefo (438 a.C.), da que só se conservan fragmentos e algunhas citas doutros autores. Eurípides di que Télefo, para asegurarse de que Aquiles aceptaría curalo, raptou previamente a Orestes, fillo de Agamenón e Clitemnestra, aínda un meniño no berce, ameazando con matalo se Agamenón non convencía a Aquiles; non necesitaba esta presión pois os gregos recibiran un oráculo que prognosticaba que nunca conquistarían Troia se non contaban coa axuda de Télefo. Así que, vestido como un mendigo,Detalle este que só menciona Eurípides. entrou en Áulide, onde estaban concentrados os gregos á espera de ventos favorables, e prometeu guiar a frota grega ata Troia se Aquiles curaba a súa ferida. O problema foi que Aquiles non sabía curar enfermos.

Foi Odiseo quen reinterpretou o oráculo, de xeito que a curación non viría de Aquiles, senón da lanza que o ferira. E así, Aquiles raspou cun pouco da ferruxe da lanza sobre a ferida e Télefo curou ó momento. Cumprindo a súa promesa, indicou o camiño que debía seguir a frota grega para chegar ás praias da cidade de Troia; grazas ás súas dotes adiviñatorias, Calcante comprobou a veracidade desta información.Pseudo-Apolodoro: Epítome 3, 20. Elvira Barba di que os leva ata Troia: "A partir dese momento, Télefo servirá de guía ós aqueos ata Troia" (px. 455). Télefo regresou a Misia e non volveu a ter ningún papel na guerra de Troia xa que se negou a tomar partido, aducindo que a súa dona, Laódice (á que tamén chaman Astíoque ou Hiera) era filla de Príamo.

Descendencia Télefo tivo dous fillos con Hiera: Tarcón e Tirseno (ou Tirreno), que, trala guerra de Troia, emigraron a Etruria.

Con Astíoque, irmá de Príamo, rei de Troia (ou ben filla de Laomedonte, anterior rei de Troia), tivo un fillo, Eurípilo, que participou na guerra ó lado dos troianos, a diferenza da neutralidade do pai (que nesa altura xa morrera). Como agradecemento, Príamo casouno cunha súa filla, Casandra. Eurípilo matou a Macaón, médico e fillo de Asclepio pero resultou morto a mans de Neoptólemo."Chega logo de reforzo a favor dos troianos Eurípilo, fillo de Télefo, ó mando dunha gran tropa de misios. Levou a cabo grandes fazañas pero Neoptólemo doulle morte" (Pseudo-Apolodoro: Epítome 5, 12). Homero, na Odisea, relata o descenso de Odiseo ó Hades, onde Aquiles lle pregunta polo seu fillo Neoptólemo, ó que Odiseo responde: "A moitos guerreiros deu morte na terrible masacre... Direi tan só que derribou coa súa lanza ó fillo de Télefo, ó heroe Eurípilo".Odisea: Canto XI, 516ss.

Algúns autores citan tamén a Roma, que casou con Eneas. Os seus descendentes, Rómulo e Remo terminaron fundando a cidade de Roma.

Iconografía

O episodio da cerva aleitando a Télefo no monte Partenio aparece reflictido nun relevo do chamado friso menor (ou friso de Télefo), na parte superior do altar de Zeus en Pérgamo (c. 150 a. C.), hoxe en Berlín, así como en moedas romanas do século I.Proxecto Warburg. Máis coñecida é a representación dun dos frescos nas ruínas de Herculano (hoxe no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas), no que Heracles observa como o seu fillo Télefo mama dunha cerva.Véxase aquí un detalle.

A figura de Télefo meniño, protexido polo seu pai Heracles é unha afamada escultura romana, do século II, que hoxe se conserva nos Museos Vaticanos.

O tema das ameazas de matar a Orestes se Agamenón non acepta axudarlle aparece en vasos áticos dos séculos V e IV a. C. (ademais de describirse nas traxedias clásicas).

O episodio da curación da ferida na coxa aparece representado nun relevo da Casa de Télefo, tamén en Herculano, e pode verse aquí.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Imaxes no proxecto Warburg -> Telephus [consultado o 11.09.2026] Auxe e Télefo [consultado o 13.09.2026]

Categoría:Homes na mitoloxía grega