Eduardo Moure Conde, nado na Habana o 4 de xullo de 1932 e finado en Las Vegas o 14 de xaneiro de 2006, foi un actor cubano de teatro, cine e televisión.
Traxectoria Naceu na Habana, sendo fillo de Antonio Moure e Manuela Conde Queija, dous inmigrantes galegos da provincia de Lugo que casaron na Habana. Seu pai traballou no tranvía e nos autobuses, mentres que súa nai era ama de casa. O seu interese polas artes comezou coa súa paixón pola ópera. Recibiu clases de canto desde a infancia e na década de 1950 uniuse ao grupo teatral Prometeo, baixo a dirección de Francisco Morín, iniciando así a súa carreira como actor.
En 1958 casou con Elena Gómez Boix, coa que tivo tres fillos: Adriana, Eduardo e Sergio. En 1972 deixou Cuba e viviu coa súa familia en Madrid. En 1974 chegou aos Estados Unidos, vivindo en Union City (Nova Jersey) durante menos dun ano, e en Las Vegas ata a súa morte en 2006.
Filmografía
Historias de la revolución (1960). De Tomás Gutiérrez Alea. Un poco más de azul (1964). De Fernando Villaverde. Lucía (1968). De Humberto Solás. La ausencia (1968). De Alberto Roldán. La primera carga al machete (1968). De Manuel Octavio Gómez.
Notas
Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1932 Categoría:Cubanos de ascendencia galega Categoría:Actores de teatro de Cuba Categoría:Actores de Cuba Categoría:Finados en 2006 Categoría:Finados por cancro