Seyni Mbaye Ndiaye, nado en Dakar o 5 de xaneiro de 2005, é un futbolista senegalés que xoga na posición de defensa central. Na tempada 2026/27 forma parte do Celta Fortuna da Segunda División. É internacional coa selección de fútbol do Senegal.
Traxectoria en clubs US Gorée Mbaye Ndiaye formouse no club senegalés Union Sportive Gorée. Destacou durante a campaña 2024/25 da Ligue 1, na que o Gorée finalizou en segunda posición, e foi seleccionado como un dos mellores xogadores da tempada.
Celta de Vigo O 1 de setembro de 2025 anunciose a fichaxe de Mbaye Ndiaye polo Celta de Vigo cun contrato de catro anos, sendo asignado inicialmente ao Celta Fortuna da Primeira Federación.
Traxectoria internacional En xullo de 2025 foi convocado pola selección de fútbol do Senegal para participar no Campionato Africano de Nacións de 2024. Mbaye Ndiaye foi titular nos seis partidos do Senegal durante o torneo e foi nomeado xogador do partido nos cuartos de final contra Uganda. Ademais, anotou un gol perante o Sudán para un empate 1-1 no que o Senegal conseguiu o terceiro posto do campionato na rolda de penaltis.
O 7 de setembro de 2025 foi convocado para xogar contra a República Democrática do Congo nun partido clasificatorio para o Mundial de Fútbol de 2026.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Seyni Mbaye Ndiaye en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Senegal Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B