Alternativa para Alemaña (AfD - Alternative für Deutschland) é un partido político alemán que se fundou en 2013 como unha formación euroescéptica e economicamente liberal-conservadora, pero ao longo da súa evolución desprazou o seu centro de gravidade cara ás políticas migratorias e de asilo, o nacionalismo alemán e o nacionalconservadorismo nun proceso de radicalización cara á dereita, que acabou situándoo ideoloxicamente na dereita radical ou na extrema dereita. Historia
Fundación e primeiros anos miniatura|esquerda|Militantes celebran os resultados de AfD nas eleccións de 2013 A AfD xurdiu no contexto da crise da débeda soberana e do euro. O seu antecedente inmediato foi a formación en setembro de 2012 de Wahlalternative 2013, unha iniciativa formada por persoas procedentes principalmente dos ámbitos liberal, conservador e euroescéptico que cuestionaban a xestión da crise do euro por parte do Goberno federal e das institucións europeas.
O 6 de febreiro de 2013 un grupo de 18 persoas entre as que estaban Bernd Lucke e Konrad Adam reunidos nunha igrexa protestante en Oberursel, nas proximidades de Frankfurt, impulsaron a creación dunha nova formación para a que elixiron o nome de Alternativa por Alemaña, co que se facía referencia á declaración da chanceler Merkel de que non había alternativa ao rescate do euro. O 11 de marzo presentouse en público, tamén en Oberursel, diante máis de 1200 simpatizantes. O partido celebrou o seu primeiro congreso o 14 de abril en Berlín no que saíron elixidos como voceiros Lucke, Adam e Frauke Petry e como vicevoceiros Alexander Gauland, Roland Klaus e Patricia Casale. Para o 12 de maio xa estaban constituídas as organizacións afiliadas en cada un dos 16 estados federados para estar en condicións de se presentar ás eleccións federais. Nese mes tiña rexistrados 10476 membros e deles 2800 procedían doutros partidos, principalmente da CDU e da CSU con 1008 e 220 respectivamente, pero tamén da FDP con 587, do SPD con 558, dos Piratas con 143 e dos Verdes con 106. En xuño un deputado da FDP do Parlamento de Hessen deixou o seu partido para se integrar no AfD e, xa que logo, converteuse no primeiro deputado da formación.
Nas eleccións federais do 22 de setembro de 2013 chegou ao 4.7% dos votos, ao quedar por baixo da barreira do 5% non logrou representación no Bundestag malia recibir 2 millóns de votos da lista de partido e 810 000 nas circunscricións e constituíu o mellor resultado a nivel federal dun partido novo dende 1953.
Nas eleccións europeas de 2014 acadou o 7,1 % e logrou sete escanos, canda as europeas celebráronse eleccións locais en varios estados e obtivo 485 representantese tamén nese ano conseguiu entrar nos parlamentos de Saxonia, Turinxia e Brandeburgo, consolidándose especialmente nos Länder da antiga Alemaña Oriental. Eses primeiros éxitos electorais da AfD nos Länder orientais contribuíron a modificar o equilibrio entre as distintas correntes internas, e o peso dos sectores nacional-conservadores aumentou fronte á orientación liberal-económica predominante na etapa inicial, ao tempo que a cuestión migratoria adquiriu unha importancia crecente no discurso da formación.
O 15 de febreiro de 2015 a AfD gañou o 6.1% dos votos nas eleccións de Hamburgo e logrou oito deputados no seu Parlamento, os primeiros escanos nun dos estados occidentais. O 10 de maio 2015 en Bremen superou a barreira electoral co 5.5% .
Conflito interno A evolución ideolóxica provocou unha crecente confrontación entre o sector económico-liberal arredor de Lucke e os sectores nacional-conservadores que gañaban forza nos Länder orientais. En 2014 Björn Höcke, líder da facción máis extremista do partido, e outros dirixentes promoveron a chamada Resolución de Erfurt, que reclamaba unha orientación máis nacionalista e criticaba a dirección de Lucke. Ao mesmo tempo, diversos dirixentes da AfD comezaron a establecer relacións políticas coa mobilización de PEGIDA, movemento aparecido en Dresde en 2014 contra a suposta «islamización de Occidente».
O conflito culminou no congreso federal de Essen de xullo de 2015. Frauke Petry, da á máis á dereita, derrotou a Lucke na disputa pola dirección do partido. Pouco despois, Lucke abandonou a AfD acompañado por unha parte importante do sector economicamente liberal, entre eles cinco dos sete eurodeputados do partido, e creou a Allianz für Fortschritt und Aufbruch, posteriormente denominada Reformadores Liberal-Conservadores (LKR), que non conseguiu manter a relevancia electoral. A crise migratoria e a transformación da AfD
A chegada de centos de milleiros de persoas solicitantes de asilo a Alemaña en 2015 proporcionoulle á AfD unha cuestión capaz de mobilizar un electorado moito máis amplo. O partido criticou duramente a política de acollida do goberno de Angela Merkel e converteu a inmigración nun dos seus principais eixos políticos. Nas eleccións a parlamentos estatais de 2016 a AfD obtivo resultados especialmente elevados en Saxonia-Anhalt, onde quedou en segundo lugar co 24.2% dos votos; en Baden-Württemberg logrou o terceiro lugar co 15.1% dos votos e en Renania-Palatinado o terceiro lugar cun 12.6%. En Mecklemburgo-Antepomerania, estado natal de Merkel, o CDU quedou en terceiro lugar e a AfD en segundo cun 20.8%. En Berlín quedou en quinto lugar cun 14.2%.
Consolidación miniatura|Congreso da AfD en Colonia en abril de 2017 Nas eleccións federais de 2017 a AfD obtivo o 12.6 % dos votos e 94 escanos, e tornouse así na terceira forza do Bundestag. Alice Weidel e Alexander Gauland encabezaron a candidatura. Pouco despois das eleccións, Frauke Petry abandonou o partido.. A súa posterior tentativa de crear unha nova formación política non logrou o éxito. A partir de 2017 a formación quedou consolidada no sistema parlamentario federal alemán, aínda que todos os demais partidos representados no Bundestag rexeitaron calquera colaboración con ela.
O 2 e o 3 de decembro de 2017 o partido celebrou o seu congreso federal en Hannover para elixir a executiva federal e definir a orientación do seu programa, impúxose a á máis dura mentres a corrente moderada, favorable a unha participación no poder nos länder e máis adiante no federal non puido elixir un dos seus representantes, Georg Pazderski, para a dirección bicéfala. Os 600 delegados elixiron a Jörg Meuthen, que viña exercendo o liderado en solitario tras a marcha de Petry, e Alexander Gauland, vicepresidente do grupo parlamentario do Bundestag.. En 2019 a AfD logrou éxitos electorais en Saxonia e Brandemburgo e en outubro quedou en segunda posición en Turinxia tras Die Linke e por diante da CDU de Angela Merkel.
Radicalización miniatura|Björn Höcke nun mitin en 2019 En Schleswig-Holstein, Doris von Sayn-Wittgenstein saíu elixida a voceira estatal, malia a executiva federal da AfD estaba a executar un procedemento de expulsión por mor do seu apoio activo polo seu apoio activo aos círculos da dereita máis radical. E nove dos doce integrantes da xunta directiva de Renania do Norte-Westfalia renunciaron para protestar contra do dominio da facción nacionalista no partido. En Baviera varios deputados presentaron unha queixa contra da presidenta do grupo parlamentario Katrin Ebner-Steiner. Mentres o presidente federal Jörg Meuthen tendía a un discurso moderado no período previo ás eleccións de 2019, Alexander Gauland reuníase cos sectores máis nacionalistas do partido e animaba a que moderasen a súa linguaxe pero non as súas posicións na mesma xuntanza Björn Höcke afirmou que a executiva federal non sairía reelixida, o que se viu como unha confrontación directa con Meuthen. Máis dun cento de militantes do partido asinaron un manifesto contra as declaracións de Höcke que vían como un comportamento pouco solidario e prexudicial para o partido, ademais de acusalo de promover un culto á personalidade ao seu redor, pero non criticaron as súas posicións políticas.
Meuthen non resultou elixido pola súa asociación de distrito como delegado para o congreso federal da formación en novembro de 2019, ao ser maioría alí membros da corrente Der Flügel, xustamente, unha das principais correntes internas da formación, asociada sobre todo con Björn Höcke e co antigo dirixente de Saxonia-Anhalt André Poggenburg. O grupo defendía unha orientación nacionalista, identitaria e völkisch e mantivo relacións con sectores da chamada Nova Dereita alemá. En marzo de 2020 o Bundesamt für Verfassungsschutz cualificou a Der Flügel como organización extremista de dereita. A dirección federal da AfD impulsou posteriormente a súa disolución formal, aínda que varios dos seus dirixentes e redes políticas continuaron activos dentro do partido.. A radicalización produciuse en paralelo ao debilitamento do sector máis liberal. O presidente Jörg Meuthen acabou abandonando a AfD en 2022, despois de denunciar a crecente influencia das posicións extremistas. A etapa Weidel-Chrupalla Alice Weidel e Tino Chrupalla consolidáronse como os principais dirixentes da formación. A súa dirección combinou a orientación nacional-conservadora cun discurso económico parcialmente liberal e cunha política exterior caracterizada pola oposición a numerosas decisións da política exterior alemá e europea. Nas eleccións federais de 2021 a AfD obtivo o 10,3 % dos votos e 83 escanos. Malia caer respecto de 2017, mantivo unha posición relevante no Bundestag. A partir de 2022 iniciou unha nova fase de crecemento electoral, favorecida pola oposición ás políticas enerxéticas do goberno federal, á inmigración e ás medidas adoptadas durante a pandemia de COVID-19, así como pola crítica ás sancións contra Rusia. Eleccións europeas de 2024 Nas eleccións europeas de 2024 a AfD obtivo o 15,9 % dos votos. Logo da eleccións, os eurodeputados da formación integráronse no novo grupo Europa das Nacións Soberanas, canda representantes doutras formacións nacionalistas e da dereita radical europea Eleccións federais de 2025 e estatais de 2026 200px|miniatura|Ulrich Siegmund, cabeza de lista da AfD nas eleccións de 2026 en Saxonia-Anhalt nun acto da campaña Nas eleccións federais do 23 de febreiro de 2025 a AfD obtivo o seu mellor resultado nunhas eleccións federais: 10.328.780 votos, equivalentes ao 20,8 %, e 152 escanos. Obtivo ademais 42 mandatos nos directos. Tornouse así na segunda forza do Bundestag, por detrás da CDU/CSU. A CDU/CSU, o SPD, os Verdes e Die Linke mantiveron a oposición a unha cooperación gobernamental coa AfD, e xa que logo, continuou na oposición.
Ao longo de 2026 a AfD consolidou a súa posición como principal forza da dereita radical alemá. A formación mantivo unha presenza parlamentaria en 14 dos 16 Länder e continuou a ter a súa principal forza no leste do país. Nas eleccións de Saxonia-Anhalt do 6 de setembro de 2026 obtivo o 43,8 % dos votos e 39 dos 83 escanos e quedou a tres escanos da maioría absoluta. O resultado abriu por primeira vez a posibilidade da AfD encabezar un goberno dun Land.
Ideoloxía e posicións políticas A primeira AfD era principalmente euroescéptica, liberal-conservadora e economicamente liberal. Dende 2014-2015 aumentou o peso das posicións nacional-conservadoras e contrarias á inmigración ata fontes académicas e institucionais colocala no ámbito do populismo de dereita radical, mentres determinados sectores, dirixentes e organizacións territoriais recibiron cualificacións como extremistas de dereita. Tamén se cualificou como un partido típico do populismo de dereita radical, con énfase no nativismo . Unión Europea