Ramón Pais Pazos, nado en Esparís (Viceso, Brión) en 1982, é un cartógrafo e optometrista galego.
Traxectoria Amosou interese pola situación sociolingüística das comarcas estremeiras de lingua galega, o que o levou a crear o primeiro mapa que rexistraba todo o territorio galegofalante, incluíndo concellos do Eo-Navia, O Bierzo, As Portelas e o Val de Xálima. Foi tamén creador no ano 2001 dun dos primeiros portais web de divulgación cultural e lingüística de Galicia que incluía mapas e información sobre a toponimia estremeira, chamado Cousas.tk, xa desaparecido. É autor tamén do primeiro mapa do Eo-Navia coa toponimia completa empregando os nomes autóctonos de aldeas, parroquias e concellos seguindo os traballos de Carlos Xesús Varela Aenlle e outros investigadores. Tamén colaborou en diversas publicacións e obras relacionadas coa toponimia, a numismática e a lingüística.
Obra
Territorios de lingua galega (2005) Terra Eo-Navia (2014)
Notas
Categoría:Nados en Brión Categoría:Nados en 1982 Categoría:Cartógrafos de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes