miniatura|300px|Características esenciais dun laboratorio de nivel 4 de bioseguridade (BSL-4)

Un nivel de bioseguridade (NBS ou, en inglés, BSL), tamén chamado nivel de patóxeno ou nivel de protección, é un conxunto de precaucións de biocontención necesarias para illar axentes biolóxicos perigosos nunha instalación de laboratorio pechada. Os niveis do grao de contención van desde o nivel 1 de bioseguridade (BSL-1) ao nivel máis alto, o 4 (BSL-4). Na Unión Europea os niveis de bioseguridade están definidos nunha directiva.Directive 2000/54/EC of the European Parliament and of the Council of 18 September 2000 on the protection of workers from risks related to exposure to biological agents at work (seventh individual directive within the meaning of Article 16(1) of Directive 89/391/EEC) Nos Estados Unidos os Centros de Control e Prevención de Enfermidades (CDC) especificaron estes niveis nunha publicación chamada Biosafety in Microbiological and Biomedical Laboratories (BMBL). As instalacións con estas designacións son tamén chamadas ás veces de P1 a P4 (por nivel de patóxeno ou nivel de protección), como no termo laboratorio P3.

No nivel máis baixo de bioseguridade as precaucións poden consistir en regular o lavado de mans, outras prácticas hixiénicas e o equipo protector mínimo. Nos niveis de bioseguridade máis altos, as precaucións poden incluír sistemas de fluxo de aire, cuartos de contención múltiple, contedores selados, traxes persoais de pesión positiva, establecer protocolos para todos os procedementos, amplo adestramento do persoal e altos niveis de seguridade no control de acceso ás instalacións. Health Canada informa que en todo o mundo ata 1999 rexistráronse uns 5.000 casos de infeccións en laboratorios accidentais e 190 mortes.

Historia O primiero prototipo de cabina de bioseguridade de clase III (a máxima contención) foi construída en 1943 por Hubert Kaempf Jr., que daquela era un soldado dos Estados Unidos, baixo a dirección de Arnold G. Wedum, Director (1944–1969) de Saúde e Seguridade Industrial nos Laboratorios de Guerra Biolóxica do Exército dos Estados Unidos en Camp Detrick, Maryland. Kaempf estaba canso do seu servizo como policía militar en Detrick e conseguiu o traslado ao departamento de láminas de metal traballando co contratista, a H.K. Ferguson Co. , 3ª edition. Kaempf xubilouse en Fort Detrick en 1994, despois de máis de 50 anos de servizo. Era xefe da sección mecánica, denominada Directorio de Enxeñaría e Aloxamento.

O 18 de abril de 1955, reuníronse catorce representantes militares en Camp Detrick en Frederick, Maryland. A xuntanza era para compartir coñecementos e experiencias sobre asuntos de bioseguridade, seguridade química, radiolóxica e industrial que eran comúns en operacións nos tres principais laboratoris de guerra biolóxica do Exército dos Estados Unidos. Debido ás posibles implicacións do traballo que se realizaba nos laboratorios de guerra biolóxica, as conferencias estaban restrinxidas a un nivel alto de permiso de acceso a información clasificada. Estas conferencias, que comezaron en 1957, estaban planeadas para incluír sesións non clasificadas, así como tamén sesións clasificadas para permitir compartir de forma máis ampla a información sobre seguridade biolóxica. Porén, ata 1964 esas conferencias non se levaron a cabo nunha instalación gobernamental non asociada co programa de guerra biolóxica.

Nos dez anos seguintes, as conferencias de seguridade biolóxica aumentaron para incluír representantes de todas as axencias federais que patrocinaban ou realizaban investigacións con microorganismos patóxenos. En 1966, empezaron a incluír representantes de universidades, laboratorios privados, hospitais e complexos industriais. Durante a década de 1970, a participación nas conferencias seguiu ampliándose e en 1983 as discusións empezaron a tratar sobre a creación dunha organización formal. A Asociación de Seguridade Biolóxica Americana (ABSA) creouse oficialmene en 1984 e redactáronse unha constitución e estatutos ese mesmo ano. En 2008, a ABSA tiña uns 1.600 membros na súa asociación profesional.

En Australia en 1977 empezaron as xestións para construír un laboratorio de bioseguridade en 1977 e as instalacións abriron en 1985 en Corio Oval. O Laboratorio Australiano de Saúde Animal é un laboratorio de clase 4/P4.

En 2003, a Academia Chinesa de Ciencias aprobou a construción do primeiro laboratorio de nivel 4 no Instituto de Viroloxía de Wuhan. En 2014, construíuse o Laboratorio de Bioseguridade Nacional dependente deste instituto cun custo de 300 millóns de yuans, en colaboración e con asstencia do laboratorio CIRI do gobeno francés.

En 2007, un artigo de revisión científica afirmou que o Centro de Ciencias Canadense para a Saúde Humana e Animal, que foi creado a inicios da década de 1990, "converteuse no prototipo dos laboratorios BSL4 modernos".

Desde o comezo en 2020 da pandemia de COVID-19 preto das instalacións do Instituto de Viroloxía de Wuhan, politizouse o traballo en instalacións de biocontención, especialmente no Senado dos Estados Unidos, por exemplo como resultado dos traballos de Rand Paul. Rusia fixo preguntas o 25 de outubro de 2022 nas Nacións Unidas sobre a presenza en Ucraína de biolaboratorios. En abril de 2023, comezou unha guerra civil en Sudán que causou preocupación na Organización Mundial da Saúde polo estado do Laboratorio Nacional de Saúde Pública dese país, xa que as faccións contendentes batallaban na súa área e o persoal do laboratorio fóra expulsado para instalar no recinto unha base militar. Nese momento, as instalacións contiñan organismos clasificados como de nivel 2 (BSL-2).

En 2026 en Tres Cantos, Comunidade de Madrid creouse un laboratorio de nivel 4 da compañía farmacéutica GlaxoSmithKline plc, que foi o primeiro laboratorio BSL-4 español e o primeiro do mundo dunha compañía farmacéutica.

Niveis Nivel 1 de bioseguridade A bioseguridade de nivel 1 (BSL-1) é axeitada para traballar con axentes ben caracterizados que non causan doenzas en persoas sas. En xeral, estes axentes deberían supoñer un perigo mínimo para o persoal do laboratorio e o ambiente. A este nivel, as precaucións son limitadas comparadas cos outros niveis. O persoal do laboratorio debe lavar as mans antes de entrar e saír do laboratorio. As investigacións con estes axentes pode realizarse en bancos estándar abertos de laboratorio sen usar equipo de contención especial. Porén, comer e beber están xeralmente prohibidos nas áreas de laboratorio. O material potencialmente infeccioso debe descontaminarse antes da súa eliminación, para o cal se engaden compostos químicos como a lixivia ou o isopropanol ou se empaquetan para descontaminalos noutro sitio. O equipo protector persoal só é necesario en circunstancias nas que o persoal podería estar exposto a material perigoso. Os laboratorios BSL-1 deben ter unha porta que se poida pechar para limitar o acceso ao laboratorio. Porén, non é necesario que os laboratorios BSL-1 estean illados do resto do edificio.

Ese nivel de bioseguridade é apropiado para traballar con varios tipos de microorganismos incluíndo cepas non patóxenas de Escherichia coli e Staphylococcus, Bacillus subtilis, Saccharomyces cerevisiae e outros organismos que non se sospeita que contribúan a causar doenzas humanas. Debido á relativa facilidade e seguridade para manter un laboratorio BSL-1, este é o tipo de laboratorios que xeralmene se usa como espazo de ensinanza en escolas secundarias e universidades.

Nivel 2 de bioseguridade A este nivel, tómanse todas as precaucións usadas no nivel 1 de boseguridade 1 xunto con algunhas precaucións adicionais. O BSL-2 diferénciase do BSL-1 no seguinte: "O persoal de laboratorio ten un adestramento específico para manexar os axentes patóxenos e están baixo a dirección de científicos competentes." O acceso ao laboratorio está limitado cando está en funcionamento. Certos procedementos nos cales se poden producir aerosois ou salferimentos infecciosos realízanse en cabina de seguridade biolóxica ou outro equipo de contención físico. Tómanse precaucións extremas con obxectos cortantes ou afiados contaminados.

O nivel 2 de bioseguridade é apropiado para traballos con axentes cun perigo moderado para o persoal e o ambiente. Isto inclúe varios microbios que causan doenzas leves en humanos ou é difícil que se contaxien por aerosol nunha instalación de laboratorio. Exemplos de patóxenos clasificados comos "grupo de risco 2" nos Estados Unidos son o virus da gripe estacional, SARS-CoV-2, virus das hepatites A, B e C, VIH, cepas patóxenas de Escherichia coli e Staphylococcus, Salmonella, Plasmodium falciparum e Toxoplasma gondii.For a list of infectious agents and the recommended biosafety level at which they should be studied, see A Unión Europea ten unha clasificación diferente da dos Estados Unidos e clasifica o VIH e o virus da hepatite B - G como axentes do grupo de risco 3 que é mellor manexalos en instalacións BSL-3.

Os prións, os axentes infeciosos que transmiten doenzas como a variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, son manexados nun nivel 2 de bioseguridade ou maior. Isto débese á falta de evidencias de transmisión por aerosois e a dose infectiva relativamene maior das enfermidades priónicas, aínda que algunhas circunstancias (como o manexo de prións infecciosos para animais nunha instalación que coida animais vulnerables) requirirían condicións BSL-3.

Nivel 3 de bioseguridade miniatura|O Dr. Terrence Tumpey nos CDC, Atlanta, Xeorxia, Estados Unidos, traballando co virus da gripe en condicións de bioseguridade de nivel 3, cun respirador purificador de aire motorizado dentro dunha cabina de bioseguridade.

O nivel 3 de boseguridade é o axeitado para traballar con microbios que poden causar doenzas graves e potencialmente mortais transmitidos por inhalación. Este tipo de traballo pode facerse en instalacóns clínicas, diagnósticas, de ensino, investigación ou produción. Aquí, cúmprense as precaucións tomadas en laboratorios BSL-1 e BSL-2, así como medidas adicionais como: Debe redactarse un manual de bioseguridade específico do laboratorio con detalles sobre como funcionará o laboratorio en cumprimento de todos os requisitos de seguridade. Todo o persoal do laboratorio terá vixilancia médica e recibirá as inmunizacións relevantes (cando se dispón delas) para reducir o risco de infección accidental ou desapercibida. Todos os procedementos con material infeccioso deben facerse dentro dunha cabina de bioseguridade. O persoal do laboratorio debe usar roupa protectora de parte frontal lisa (é dicir, traxes que se atan por detrás). Este traxe non se pode usar fóra do laboratorio e debe desbotarse ou descontaminarse despois de cada uso.

Ademais, a instalación que alberga o laboratorio BSL-3 debe ter certas características para garantir unha contención apropiada. A entrada ao laboratorio debe estar separada das áreas do edificio con acceso ou tránsito non restrinxido. O laboratorio debe estar tras dous conxuntos de portas que se pechan automaticamente (para reducir o risco de escape de aerosois). A construción do laboratorio debe facilitar a súa doada limpeza. Non se permiten as alfombras e todas as xunturas nos pisos, paredes e teitos estarán seladas para permitir unha limpeza e descontaminación doadas. Ademais, as fiestras deben estar seladas e hai que instalar un sistema de ventilación que force o aire a fluír desde as áreas "limpas" do laboratorio ás áreas onde se manexan os axentes infecciosos. O aire do laboratorio debe ser filtrado antes de facelo recircular.

Un estudo de 2015 de xornalistas de USA Today identificou máis de 200 sitios con laboratorios nos Estados Unidos que estaban acreditados con niveis 3 ou 4 de bioseguridade. Unha lista de laboratorios deste tipo en países con baixos recursos pode consultarse nun apéndice da Academia Nacional de Ciencia.