Sebastián Enzo Cáceres Ramos, nado en Montevideo o 18 de agosto de 1999, é un futbolista uruguaio que xoga na posición de defensa central. Na tempada 2026/27 forma parte do Celta de Vigo da Primeira División. É internacional coa selección de fútbol do Uruguai.

Traxectoria en clubs Liverpool Montevideo Cáceres formouse nas categorías xuvenís do Liverpool Fútbol Club de Montevideo. O seu debut profesional tivo lugar o 26 de agosto de 2017 nunha derrota perante o Peñarol. O 24 de febreiro de 2019 anotou o seu primeiro gol sénior nun empate 4-4 contra o Centro Atlético Fénix.

América O 15 de xaneiro de 2020 pasou a formar parte do Club América da Liga MX.

Celta de Vigo O 1 de setembro de 2026 anunciouse a fichaxe de Cáceres polo Celta de Vigo da Primeira División cun contrato de catro anos.

Traxectoria internacional Cáceres foi internacional nas categorías xuvenís uruguaias. Representou o seu país no Campionato Suraamericano de Fútbol Sub-20 de 2019, na Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2019 e nos Xogo Panamericanos de 2019.

En setembro de 2022 recibiu a súa primeira convocatoria para a selección de fútbol do Uruguai. Debutou o 23 de setembro de 2022 nunha derrota por 1-0 contra Irán. O 31 de maio de 2026 formou parte da convocatoria de 26 xogadores para o Mundial de Fútbol de 2026.

Vida persoal Cáceres está prometido coa boxeadora mexicana Alana Flores.

Palmarés América Liga MX: Apertura 2023, Clausura 2024, Apertura 2024 Campeón de Campeones: 2024 Campeones Cup: 2024

Uruguai Copa América (terceiro posto): 2024

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sebastián Cáceres Perfil na web oficial da Asociación Uruguaia de Fútbol

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Club América Categoría:Xogadores do Celta de Vigo