A Universidade Adam Mickiewicz (, latín: Universitas Studiorum Mickiewicziana Posnaniensis) é unha universidade de Poznań, Polonia .

Historia Foi creada en 1611, grazas á Carta Real outorgada polo rei Sexismundo III Vasa, mediante a cal o Colexio Xesuíta se tornou a primeira universidade de Poznań.

A Sociedade de Poznań para o Avance das Artes e as Ciencias, que desempeñou un papel importante en levar a Poznań á súa reputación como un centro intelectual líder durante a era positivista e as particións de Polonia, comezou a fundación da universidade. A cerimonia de inauguración daquela nova institución tivo lugar o 7 de maio de 1919, 308 anos despois da súa creación formal polo rei polaco e no 400 aniversario da fundación da Academia Lubrański, considerada a súa predecesora. O seu nome orixinal era Universidade de Piast (en polaco: Wszechnica Piastowska). En 1920 recibiu o nome de Universidade de Poznań (en polaco: Uniwersytet Poznański ).

Durante a Segunda Guerra Mundial, o persoal e os estudantes da universidade estabeleceron a Universidade Polaca das Terras Occidentais (en polaco: Uniwersytet Ziem Zachodnich). Xa en 1955, a Universidade de Poznań adoptou como figura emblemática Adam Mickiewicz, o maior escritor romántico polaco do século XIX, mudando o nome para aquel polo cal é coñecida actualmente.

Centros docentes miniatura|250px|Collegium Maius – Facultade de Filoloxía Polaca e Clásica miniatura|250px|Facultade de Ciencias Políticas e Xornalismo – Campus Morasko

Escola de Ciencias Naturais Facultade de Bioloxía Facultade de Ciencias Xeográficas e Xeolóxicas Escola de Ciencias Exactas Facultade de Química Facultade de Física Facultade de Matemática e Informática Escola de Ciencias Sociais Facultade de Xeografía Humana e Planificación Facultade de Ciencias Políticas e Xornalismo Facultade de Dereito e Administración Facultade de Psicoloxía e Ciencias Cognitivas Facultade de Socioloxía Facultade de Ciencias da Educación Escola de Humanidades Facultade de Antropoloxía e Estudos Culturais Facultade de Estudos Arqueolóxicos Facultade de Filosofía Facultade de Historia Facultade de Estudos Artísticos Facultade de Teoloxía Escola de Linguas e Literaturas Facultade de Filoloxía Inglesa Facultade de Filoloxía Polaca e Clásica Facultade de Linguas Modernas e Literaturas Escola de Doutoramento da Universidade Adam Mickiewicz

Notas

Categoría:Universidades de Polonia