"No Way Out" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots que aparece como sexto tema do seu cuarto álbum de estudio, No. 4 (1999). Escrita polos catro membros da banda e producida por Brendan O'Brien, a canción céntrase nas loitas do líder Scott Weiland contra a adicción ás drogas e os seus demos persoais, como a súa condena a prisión en febreiro de 1999. Xunto con "Sex & Violence" e "MC5", a canción está considerada unha das máis pesadas do álbum.

En outubro de 2000 Atlantic Records lanzou un sinxelo promocional que alcanzou o posto número 17 na lista Mainstream Rock e o 24 na Alternative Airplay. No ano 2000 tamén se lanzou un vídeo musical dirixido por Bart Lipton con imaxes dos concertos da banda.

Notas

Categoría:Cancións de Stone Temple Pilots Categoría:Sinxelos de 2000