A xeración X é a cohorte demográfica que segue aos baby boomers e que precede aos milenial. Os investigadores e os medios de comunicación adoitan utilizar os anos de nacemento entre 1965 e 1981 para definir esta xeración, aínda que algunhas fontes utilizan anos de nacemento que comezan xa en 1960 e terminan nalgún momento entre 1977 e 1985. Algúns consideran que a xeración Jones (1954-1965) forma parte da xeración X.​ A maioría dos membros da xeración X son fillos da xeración silenciosa e dos primeiros boomers, e adoitan ser os pais dos milenials​ e da xeración Z.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xeración Y Baby boomer Xeración Z

Categoría:Antropoloxía Categoría:Demografía