miniatura|Sección transversal da cabeza dun embrión de polo de 48 horas de incubación. (A marxe da copa óptica está indicada na parte superior dereita.) miniatura|Copa óptica e fisura coroidal vistas desde abaixo dun embrión humano dunhas catro semanas. (O bordo da copa óptica está sinalado na parte superior dereita.) Durante o desenvolvemento embrionario do ollo, a parede externa do bulbo das vesículas ópticas engrósase e invaxínase, e o bulbo convértese nunha copa, a copa óptica (ou copa oftálmica), a cal consta de dous estratos de células. Estes dous estratos son continuos entre si na marxe da copa, a cal finalmente solapa a parte frontal do cristalino e chega por diante ata a futura apertura da pupila.
A copa óptica (na terminoloxía en latín cupula optica, caliculus ophthalmicus) é parte do diencéfalo e dá lugar á retina do ollo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Resumo en temple.edu Resumo en vision.ca
Categoría:Embrioloxía do sistema nervioso Categoría:Ollo