O Linköping HC Dam é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Linköping (Suecia). Actualmente compite na Svenska damhockeyligan, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco. Xoga os seus partidos como local no Stångebro Ishall, un pavillón con capacidade para 3 000 persoas.

Trátase do equipo feminino do Linköping HC. O equipo foi fundado en 2006 e dende aquela gañaron o campionato sueco en dúas ocasións (2014 e 2015).

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial