Una gallega baila mambo é un filme mexicano de comedia de enredos, estreado en 1951. Escrito por Joaquín Pardavé e dirixido por Emilio Gómez Muriel, foi protagonizado por Joaquín Pardavé, Niní Marshall e Silvia Pinal.

Trama Dona Cándida é unha viúva galega que vive nunha colonia acomodada de Cidade de México, que ten enganados aos seus familiares políticos en Galicia para que eles sigan enviándolle a pensión que lle corresponde ao seu marid,o o Marqués Don Fabián de Castro, aínda que este faleceu hai moitos anos, co fin de manter comodamente a Carmina (Silvia Pinal), a filla de ambos.

Os problemas para dona Cándida comezan cando os operadores da liña de camións Peralvillo-Cozumel deciden instalar o seu terminal enfronte da súa casa levando consigo o ruído das súas operacións e das diversións que practican. Entre eses camioneiros destacan o seu líder "o Bofes" (Joaquín Pardavé) e o seu novo amigo Gilberto, os cales están namorados de nai e filla respectivamente.

Aínda que inicialmente dona Cándida non tolera aos camioneiros, finalmente vese forzada a contratar a "o Bofes" para que simule ser o seu defunto esposo e poder así recibir unha herdanza familiar. A convivencia entre estes personaxes xera moitas situacións divertidas mentres que entre Carmina e Gilberto comeza a nacer un romance.

Os soños de sociedade de dona Cándida veñen abaixo cando se sabe que "o Bofes" non é o seu marido, o que xunto ao feito de que o mozo de Carmina a deixa por non recibir a herdanza, fai que ambas as mulleres terminen aceptando unirse aos seus respectivos humildes pretendentes.

Elenco

Niní Marshall como Cándida Joaquín Pardavé como Cleofas Martínez Silvia Pinal como Carmina Pepe del Río como Gilberto Sánchez Miguel Arenas como don Fernando de la Colina José Pulido como Ricardo Antonio Bravo como Martín, mordomo Celia Viveros como Maurelia Los Panchos como eles mesmos Toña la Negra como Cantante Víctor Alcocer como Xefe de chofer José Baviera como don Leoncio María Gentil Arcos como Compañeira de xogo de Cándida Ana María Hernández como Convidada a gradación Elodia Hernández como dona Gertrudis Francisco Pando como don Fabián Aurora Walker como Señorita directora

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Rotten Tomatoes .

Categoría:Filmes de 1951 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes dirixidos por Emilio Gómez Muriel Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes sobre a diáspora galega