Gianfranco Gazzaniga Farías, nado en Cuenca (Ecuador) o 22 de novembro de 1993, é un futbolista arxentino que xoga na posición de gardameta. O seu equipo actual é o Real Murcia da Primeira Federación.
Traxectoria Nado en Cuenca (Ecuador), Gazzaniga trasladouse a Andalucía no ano 2007 e comezou a súa carreira deportiva na base da Unión Deportiva Almería. O 9 de outubro de 2011 debutou co Almería B nun encontro da Segunda División B perante o CD Badajoz. Nas seguintes tempadas foi titular habitual do filial almeriense. O 21 de xuño de 2017 fíxose oficial a súa fichaxe polo Club Deportivo El Ejido 2012, tamén na terceira categoría.
O 9 de xullo de 2018 pasou a formar parte da Ponferradina da Segunda División B. Na tempada 2018/19 participou en 20 partidos e contribuíu ao regreso do club á Segunda División despois de tres anos. O 15 de xullo de 2019 renovou o seu contrato coa Ponferradina e inicialmente foi asignado como terceiro porteiro, tras José Antonio Caro e Manu García. O debut profesional de Gazzaniga tivo lugar o 14 de xaneiro de 2020, cando xogou como titular nun partido contra o Málaga Club de Fútbol.
O 15 de xuño de 2021, sendo axente libre naquela altura, Gazzaniga fichou polo Racing de Ferrol da Primeira División RFEF. Durante a tempada 2022/23 foi porteiro titular do club ferrolano e contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda División tras 15 anos. Na campaña 2023/24 foi suplente de Ander Cantero.
O 28 de xuño de 2024 anunciouse a fichaxe de Gazzaniga polo Real Murcia da Primeira Federación.
Vida persoal Gianfranco Gazzaniga provén dunha familia de porteiros de fútbol. O pai, Daniel, foi xogador profesional en equipos da Arxentina, de Ecuador e de Bolivia. Gianfranco naceu en Cuenca cando Daniel formaba parte do Club Deportivo Cuenca. Gianfranco ten un irmán máis vello, Paulo, que se formou como porteiro nas ligas de Inglaterra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Gianfranco Gazzaniga en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Ecuador Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Futbolistas de Ecuador Categoría:Xogadores da UD Almería B Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do CD El Ejido Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Real Murcia