Juan Manuel Galán Suárez, máis coñecido como Juan Galán, nado na Coruña en 1961, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu en diferentes países, foi profesor nunha escola de secundaria Karoi, Zimbabwe. Tamén foi profesor de inglés 30 anos na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol antes de se xubilar en 2021.
É investigador da memoria republicana de Galicia e vogal da xunta directiva da Asociación de Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra. Colaborou en diversas revistas e no Diario de Ferrol, onde conta cunha sección dedicada á memoria histórica democrática. Organizou percorridos a pé por Galicia, as Rutas Republicanas, arredor de lugares e persoas que sufriron a represión franquista. Foi fundador e primeiro presidente da ONG Ecos do Sur, que se centra en cooperación ao desenvolvemento e axuda ao inmigrante estranxeiro.
Obras
En galego
Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés. 1939-1945 (2025). Vigo: Galaxia. 272 páxs. ISBN 9788411765107. A historia de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi.
En castelán
Romanza de los naranjos en flor (2021). Letrame. 400 páxs. ISBN 9788413862996. Novela que se desenvolve durante a Guerra Civil mesturando novela histórica e de intriga. El eco de tu voz (2022). A Coruña: Medulia Editorial. 122 páxs. ISBN 978-84-125253-5-9. Novela de ficción e historia na que aparecen Virginia Woolf, Emilia Pardo Bazán e Santiago Casares Quiroga. Las tribulaciones de Bruno Lamas (2023). Círculo Rojo. 106 páxs. ISBN 978-84-1175-083-7.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela