Maia é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co italiano, co portugués e co éuscaro. A súa orixe é o grego maîa, que quere dicir boa nai, nai adoptiva, nai de crianza. Segundo a mitoloxía grecorromana era a máis vella das Pléiades, o grupo das sete estrelas na constelación Touro.

En xaneiro de 2023 existían 278 mulleres en Galicia co nome Maia, cunha media de idade de 6,5 anos.Nome Maia na Web do Instituto Galego de Estatística

Variantes noutras linguas Alemán: Maja Castelán: Maya Éuscaro: Maia Francés: Maïa Inglés: Maya Portugués: Maia Sueco: Maja

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos portugueses Categoría:Nomes femininos vascos