Un audiolibro é unha gravación dun libro ou outro tipo de obra lida en voz alta. Os rexistros da fala existen en escolas e bibliotecas públicas e, en menor medida, tendas de música, dende comezos da década de 1930. Moitos álbums de fala foron creados antes da era das casetes, os CD ou o MP3; porén, adoitaban ser poesía ou teatro, e non libros completos. Non foi até a década de 1980 que o medio do audiolibro chamou a atención da industria editorial, que comezou a vendelos xunto cos libros tradicionais.

Etimoloxía O termo "audiolibro" apareceu durante a década de 1970, cando os casetes empezaron a substituír ós discos fonográficos. En 1994, a Asociación de Editoriais de Audio estableceu a palabra "audiolibro" (en ) coma o estándar nos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Formatos de libro