Molotla é un apelido de orixe náhuatl que quere dicir ‘lugar onde abundan os pardais’ ou simplemente ‘niño de pardal’. Forma parte da gama de apelidos locais nesa lingua que até o día de hoxe prevalecen. Este apelido particularmente parece ser orixinario do sueste da Cidade de México no que hoxe é Xochimilco. A vila de Santiago Tulyehualco semella ser o lugar onde se concentra a maior cantidade de habitantes con este apelido, mais é común atopalo en diferentes estados da República, inclusive en diferentes países por movementos migratorios.
A persistencia do apelido pode explicarse polas condicións particulares da poboación orixinaria que ao vivir ás beiras do que foi o lago de Xochimilco, xusto onde comeza a Serra Ajusco-Chichinautzin, a poboación precolombiana diversificou a súa produción, polo que se mantivo relativamente independente do que sucedía na capital da gran México-Tenochtitlán e que se mantivo unha vez que chegaron os españois. A crecente integración dos espazos rurais ás dinámicas urbanas fixo que o apelido Molotla se dispersase.
Notas
Categoría:Apelidos náhuatls