Las niñas Quispe é un filme chileno escrito e dirixido por Sebastián Sepúlveda. Baséase na historia real das irmás Quispe e na obra de teatro de Juan Radrigán "Las Brutas".IMDb.

Sinopse Baséase na historia das irmás Justa, Lucía e Luciana Quispe, tres pastoras de cabras do altiplano chileno, fogar do pobo kolla.

En 1974, as pastoras de cabras do altiplano estaban preocupadas tanto porque os seus animais estaban a perder valor económico como por rumores sobre a expansión da ditadura militar cara ás zonas máis illadas do país. Afectadas pola perda recente doutra das súas irmás, e asustadas polas noticias de que o exército alcanzara a área de Copiapó, Justa, Lucía e Luciana suicidáronse de forma colectiva, colgándose dunha rocha (xunto cos seus dous cans).

A escena de suicidio do filme fimoulse no mesmo lugar onde o incidente real ocorreu, e o papel de Justa Quispe foi interpretado pola súa sobriña, Digna Quispe. O director do filme e guionista Sebastián Sepúlveda dixo sobre o seu primeiro encontro con Digna Quispe: "eu tíñalle moito medo cando a coñecín. Ela non dá a man, senón que dá os dedos, e dunha forma moi fría"; logo ela aceptaría participar no proxecto.

Personaxes Catalina Saavedra como Lucía Quispe Francisca Gavilán como Luciana Quispe Digna Quispe como Justa Quispe Segundo Araya como Don Juan Alfredo Castro como Fernando

Premios Semana da Crítica do Festival de Cinema de Venecia, mellor cinematografía. Premio da crítica e mellor cinematografía no Festival de Cinema de Lima. Mellor filme, Festival Filmar, Suíza. Mellor filme, Lakino Filme Fest, Berlín. Cinematropical Awards 2015. Mellor primeiro filme.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Quispe, apelido quechua.

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes ambientados en Chile Categoría:Filmes baseados en feitos reais