Moisés Domínguez Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 1 de setembro de 1996, é un político galego.
Traxectoria Veciño da parroquia de San Martiño de Oleiros, é o menor de tres irmáns. Graduouse en Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Santiago de Compostela, e foi representante estudantil pola Candidatura de Económicas e Empresariais (CEE) na Xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela dende 2017 ata 2021, participando activamente no movemento estudantil. Tamén foi representante estudantil no Claustro Universitario de Santiago.
Foi tesoureiro da comisión de festas de San Martiño de Oleiros e secretario da Asociación Cultural e de Festexos da Nosa Señora de Fátima de San Martiño de Oleiros, cargo que desempeña en 2025. Foi candidato a alcaldía de Ribeira polo Partido Galego nas eleccións municipais de 2023, sen acadar representación. Deixou a política activa tras os malos resultados electorais e as diferenzas coa dirección do partido en Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribeira
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos de Galicia