miniatura|280x280px|5 centavos de 1884."5 Cents "1884 Nickel" Pattern; nickel". Numista.com As moedas de 5 centavos con perforación son uns espécimes cuñados nos Estados Unidos, a modo de proba, con ese valor facial.
Estas probas foron cuñadas en 1884 e en 1885, pouco despois, xa que logo, da posta en circulación da moeda de 5 centavos Liberty Head, emitida a partir de 1883 para a súa circulación ordinaria."1884 Pattern Five-Cent Piece". Stack's Bowers (Auctions.stacksbowers.com).
Con estas probas procurábase acadar unhas moedas que, sen alterar o seu peso, puidesen ser máis grosas e cun diámetro maior, sendo a un tempo máis doadas de achar ao meter a man no peto, pola súa diferenza ao tacto con respecto ás demais moedas en circulación. En ambos os casos, o deseño é moi similar: un anverso coa lenda UNITED STATES OF AMERICA, a data de cuñaxe e 13 estrelas —que representan as Trece Colonias orixinais—, rodeando o furado central, e un reverso coa inscrición FIVE CENTS, con dous escudos no primeiro caso,"1884 5C Five Cents". Heritage Auctions (Coins.ha.com). e un só escudo entre dúas pólas de loureiro no segundo."1885 5C Five Cents". Heritage Auctions (Coins.ha.com)."Holed Nickel Patterns". Coinauctionshelp.com miniatura|280x280px|5 centavos de 1885. En ambos os modelos, o seu canto é liso. En tanto que os exemplares de 1884 amosan un burato de forma octogonal e foron cuñados en níquel, os de 1885 teñen unha perforación redonda e están cuñadas en prata.
Da proba de 1884, deseñada polo artista Eastman Johnson, coñécense aproximadamente dúas ducias de exemplares.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Hewitt, J. J.; Bowers, Q. D. (2009). United States Pattern Coins (10ª ed.). Whitman Publishing. ISBN 978-0794822538
Outros artigos
Moeda dun centavo de dólar con perforación Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos</small>
Categoría:Moedas de 5 centavos de dólar estadounidense