Leandro Carro Hernáez, nado en Zarratón (A Rioxa) o 27 de novembro de 1890 e finado en Dresden (República Democrática Alemá) en 1967, foi un político comunista español.
Traxectoria Foi o segundo dos trece fillos dun zapateiro. Non asistiu á escola. Comezou a traballar aos sete anos como recadeiro dunha tenda e aos nove era aprendiz nun taller de moldes de ferro. Emigrou mozo a Biscaia, onde traballou como obreiro metalúrxico. Afiliouse á Unión General de Trabajadores (UGT) e chegou a liderar o Sindicato do Metal de Biscaia.Eusko Jaurlaritza Erbestean El Gobierno Vasco en el Exilio. Euskal Erbestea Gerra Zibilaren ondoren DEl exilio vasco tras la Guerra Civil. Edita: Gobierno Vasco.
Político
Afiliado ao PSOE, escindiuse do partido en 1921, formando parte do Partido Comunista Obrero Español, que despois confluíu no Partido Comunista de España, polo que foi expulsado da dirección do Sindicato Metalúrxico. En 1931 era membro do Comité Central do Partido Comunista de España. Dende 1932 foi secretario de acción sindical da Federación Vasco Navarra do PCEProtagonistas de la historia vasca: Sebastián Zapiráin , de Juan Carlos Jiménez de Aberasturi. e en 1935, coa creación do Partido Comunista de Euskadi (EPK), foi elixido membro do seu Comité Central. Parlamentario
Como membro do PCE foi candidato en todas as convocatorias electorais dos anos trinta: candidato a concelleiro de Bilbao nas eleccións municipais de 1931 (ás que o PCE se presentou en solitario), candidato por Biscaia nas constituíntes de 1931 (tamén en solitario) e lexislativas de 1933 (en solitario outra vez). Nas lexislativas de 1936 (dentro das candidaturas da Fronte Popular) foi elixdo pola circunscrición de Biscaia con 69 170 votos dun total de 143 868 votantes, de 184 787 electores, resultando o cuarto candidato máis votado despois de Mariano Ruiz-Funes, Julián Zugazagoitia e Indalecio Prieto. Exilio
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Ourense onde acudira para participar nun congreso do partido. Estivo presente na reunión para organizar a resistencia con Benigno Álvarez e Luis Acuña Nóvoa. Agochado na serra de San Mamede, participou en accións guerrilleiras contra os militares sublevados. En 1937 pasou a Portugal,"La resistencia gallega antifranquista fue la mejor organizada de España", afirma el historiador Heine, 31 de marzo de 2007. e permaneceu agochado en Castro Laboreiro. Ao rematar a guerra, o PCE enviou a Julián Teixeira Vento para evacualo. Logrou embarcar rumbo a México co apoio da JARE.Junta de Auxilio a los republicanos españoles (JARE). Libros de actas (1939-41). Libros I y II Arribou ao porto de Veracruz o 15 de febreiro de 1940. Durante a guerra, os comunistas vascos bautizaron co seu nome o 29º Batallón do Euzko Gudarostea. Viaxou a Francia, e próximo o remate da segunda guerra mundial, participou na organización da Operación Reconquista de España, o intento de invasión guerrilleira do Val de Arán en outubro de 1944.
A proposta da dirección do EPK, foi o representante comunista no segundo Goberno de Euzkadi, constituído no exilio en 1946, presidido novamente por José Antonio Aguirre, como conselleiro de Obras Públicas (sucedendo ao tamén comunista Juan Astigarrabía, que dimitira en 1937). Porén, en 1948 foi forzado a dimitir, no contexto da Guerra Fría, pola oposición socialista e o clima anticomunista internacional.
Pasou os últimos anos da súa vida en Dresden (República Democrática Alemá), onde finou en 1967.Mundo Obrero, 18, setembro 1967, p. 1. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Leandro Carro Hernaez
Ficha personal de Leandro Carro Hernáez. Departamento de Migración México Informe de Leandro Carro a la conferencia
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na Rioxa Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1967