Enrique Laporta Valor, nado o 23 de setembro de 1842 en Alcoi e finado en 1919, foi un xilógrafo, debuxante, heliógrafo e fotogravador español.

Traxectoria Aínda que dedicado nun principio ás matemáticas e ás ciencias naturais, impulsado pola súa afección ás belas artes trasladouse a Madrid en 1862 co fin de seguir estudos de pintura na escola superior dependente da Academia de San Fernando. Posteriormente dedicouse ao gravado en madeira, que practicou en publicacións periódicas como El Museo Universal e en obras como Roma en el centenar, El mundo al revés, La princesa de los ursinos, Lucrezia Borgia e La calumnia, entre outras.

Foi irmán do pintor Francisco Laporta, nado en 1849. Finou en 1919.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Gravadores de España Categoría:Nados en Alcoi