BusyBox é unha implementación de moitos comandos de Unix nun único ficheiro executable. Execútase en moitos contornos POSIX, incluíndo Linux, Android e FreeBSD, aínda que moitas das ferramentas que proporciona están deseñadas para funcionar con interfaces proporcionadas polo kernel de Linux. Foi creado especificamente para sistemas operativos integrados con recursos moi limitados. Os autores alcumárono "a navalla suíza do Linux integrado", xa que o único executable substitúe as funcións básicas de máis de 300 comandos comúns. Publicouse como software libre baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU v2, despois de decidir controvertidamente non pasar á versión 3.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Linux Categoría:Software libre Categoría:Soporte lóxico de UNIX