Brain: A Journal of Neurology é unha revista científica de neuroloxía revisada por pares, fundada en 1878 por John Charles Bucknill, David Ferrier, James Crichton-Browne e John Hughlings Jackson. Está publicada por Oxford University Press.

A revista foi editada por John Newsom-Davis de 1997 a 2004, por Alastair Compston (Universidade de Cambridge) ata 2013 e por Dimitri Kullmann (UCL) ata 2021. O editor xefe actual é Masud Husain (Universidade de Oxford).

Segundo o Journal Citation Reports, a revista tivo un factor de impacto de 14,5 en 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Revistas científicas Categoría:Revistas en lingua inglesa Categoría:Revistas do Reino Unido