miniatura|dereita|250px|Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. García é o apelido máis común en 31 provincias, entre elas a provincia da Coruña. García é un apelido patronímico do nome de pila homónimo García, moi estendido pola Península Ibérica (en particular en España e Andorra, onde é o apelido máis frecuente), onde se orixinou, así como por Filipinas e Iberoamérica. Segundo datos do INE de 2016, é apelido máis estendido en España.

En xaneiro de 2023 existían 147.604 persoas en Galicia co apelido García, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido García na web do Instituto Galego de Estatística.

Hipótese sobre a orixe do apelido Segundo o filólogo e historiador Alberto Montaner Frutos, García é un antropónimo moi antigo, de orixe prerromana, «posiblemente íbero-aquitano, cuxo étimo considerouse afín ao éuscaro (h)artz ‘oso’, que na súa versión determinada é (h)artzea e cuxa forma antiga sería kartzea». Esta etimoloxía foi defendida tamén polos filólogos e historiadores Ramón Menéndez Pidal e Antonio Tovar.

O lingüista Alfonso Irigoyen opina que a etimoloxía vén da palabra gaztea, que quere dicir «nova» e que en parte do norte de Navarra sempre se dixo "gartzea" ou "gartzia", sendo o son "tz" transcrito coa letra "c", aínda que Montaner Froitos discrepa porque considera que é «foneticamente inviable».

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos casteláns Categoría:Apelidos éuscaros Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos portugueses